O curso avanza e "Doce Estrelas Compañía de Ópera" faino tamén.
Os nenos e nenas de 6º de primaria continúan traballando na súa ópera, IV Acto do noso Festival de Artes Escénicas e produto final do Proxecto LÓVA (A ópera como vehículo de aprendizaxe)
A semana pasada estrearon o seu primeiro espectáculo, unha adaptación de Olélé (no vídeo contámosvos a historia) e foi todo un éxito.
Traballaron xa segundo as profesións e departamentos asignados: interpretación, rexiduría, produción, iluminación, vestiario, composición... Unha oportunidade de poñer a proba as súas habilidades e talentos e dicidir cal é a mellor distribución de profesións para a compañía.
Por último, super super importante, no vídeo descubrimos por fin por que na aula de 6º de priamaria teñen un remo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario