venres, 28 de febreiro de 2025

Santiago de Compostela

O xoves 27 de febrero os nenos e nenas de 5º e 6º, pasamos o día en Santiago de Compostela.

Fomos ao Parlamento de Galicia, onde aprendemos a diferencia entre as funcións lexilativa, electiva e de control de governo. Tamén puidemos saudar a Cristina, a nosa anterior alcaldesa.

Na Xunta faláraonnos das distintas consellerías.

No Museo do Pobo Galego estivemos buscando pistas para responder ás preguntas das fichas.

Ademais, aínda tivemos tempo de visitar a Praza do Obradoiro e de comer nun parque.

Pasámolo moi ben. Moitas grazas a tódalas persoas que nos atenderon tan amablemente.





Ningún comentario:

Publicar un comentario