mércores, 20 de maio de 2026

NUN PAÍS MULTICOLOR...


O venres 8 de maio celebrouse unha nova edición da Feira das Ciencias de Ponteareas. Tema: o marabilloso mundo das abellas.
Alumnado de 6º de primaria atendeu moi ben o seu posto, centrado na elaboración artesanal de velas.
Ademais, informaron a todas as persoas que así o quixeron de conceptos tan interesantes como a anatomía das abellas, o ciclo da súa vida, a importancia que teñen para o ser humano… Un gran traballo!!!
Moitas grazas a todos e a todas as que vos achegastes á Praza de Abastos a arroupar ao noso alumnado.
Grazas tamén, por suposto, ao Concello de Ponteareas por organizar esta actividade un ano máis!!!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario