sábado, 25 de novembro de 2023

Biblioteca Creativa - Creación circuíto paralelo - Día da Muller

 Polo Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller, o alumnado de 6º de Primaria inventou varios circuítos en paralelo, para poder acender máis dunha luz cunha soa pila, e así, dar iluminación ás imaxes en papel sobre a canción "E ti, só ti ". 

Conectamos o extremo "+" dos diferentes LEDs á cara "+" da pila e os extremos "-" dos LEDs á cara "-" da pila. Así se conectan LEDs en paralelo.

Precisaron cinta de cobre, pilas de botón, LEDs e clips de pinza. Todos os modelos foron creados polo alumnado!


Exposición na biblioteca das lecturas Leo León contra a violencia de xénero:

Ningún comentario:

Publicar un comentario