Neste trimestre en cuarto de primaria adicamos o tempo de lectura a Julio Verne. Mediante o noso clube de lectura, Os leóns lectores, limos Dous anos de vacacións e Viaxe ao centro da Terra.
Despois de facer comprensión e comentarios sobre as lecturas, elaboramos un mural representando o centro da Terra e unha maqueta da illa de Verne coa análise do libro de personaxes, trama, ubicación etc…
Coa imaxinación e aventuras que nos ofrece Julio Verne pasándolo fenomenal!

Ningún comentario:
Publicar un comentario