venres, 27 de decembro de 2024

MÁIS FAMILIAS NA ESCOLA. Ainara e Vanesa

 


Non confiabamos moito en que o Gordo este ano pasase por Guláns, pero xa está confirmado. Só quédanos esperar que alguén da nosa familia educativa pasase por Logroño e ocorréselle mercar un décimo...
En fin, no Feliciano Barrera sentímonos afortunados e afortunadas cada día do ano. E razón non nos faltan!
Por exemplo, unhas das visitas que tivemos este decembro foi a de Vanesa, a nai de Ainara, de 3º de primaria.
Con ela, os nenos e nenas da clase levaron o concepto de Postal de Nadal a un nivel SúperTop. Como se nota cando hai experiencia e técnica detrás dunha actividade!
Moitas grazas, Vanesa, por proporcionarnos unha experiencia tan agradable, como divertida e educativa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario