Como souberon aproveitar este outono en educación infantil!
Coa axuda das familias organizaron unha deliciosas xornadas onde os produtos de tempada tiveron un gran protagonismo. Cabazas, castañas, mazás... foron algúns dos ingredientes elixidos.
Grazas a todas e a todos os que compartistes connosco algo que sabemos que non vos sobra: o tempo.
Podedes estar seguros e seguras de que mereceu a pena: os nenos e as nenas nunca esquecerán as vosas visitas!
Lembrade: As familias teñen pase VIP permanente no Feliciano Barrera. Propoñede as vosas ideas ás titoras e titores e buscaremos a maneira de facelas realidade.
De novo, moitas grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario