mércores, 18 de decembro de 2024

Caixas para o Nadal


Na clase de 5º e 6º, estivemos decorando caixas para o Nadal.

Empregamos caixas de zapatos e quedaron moi chulas. Decorámolas con vellas partituras e moitas cintas de distintas cores.

Agora xa sabedes como se fan estas fermosas caixas navideñas.

Animádevos e facede unha na vosa propia casa.

Himmelis. De Galicia a Finlandia

Este martes, os nenos e nenas de 6º fixemos uns adornos de Nadal típicos de Finlandia.

Chámanse Himmelis, son octaedros feitos con palla e póñenos nas casas para atraer a boa sorte.

Rímonos moito facéndoos. Recomendámosvolo. É moi divertido.



12 estrelas club de lectura. Momo

En 6º estamos a ler Momo.

Cada semana lemos uns poucos capítulos e falamos sobre o libro, que nos está gustando moito a todos.

Esta semana xa o rematamos.

Estamos compoñendo unha canción que vos comentaremos proximamente.

luns, 9 de decembro de 2024

FAMILIAS NA ESCOLA




Este trimestre recibimos unha chea de visitas de familias na escola. Algunhas xa volas contamos, pero outras se nos quedaron no tinteiro e irémolas recuperando aos poucos.
Hoxe lembramos a actividade que propuxo Karla, a mamá de Lían, preto do Samaín. Contou aos nenos e nenas como se celebra fieis defuntos en México.
Fíxoo con tanto arte que, aínda que a acompañaba un esqueleto a tamaño natural, ningún pequeno nin pequena pasou medo algún.
Moitas grazas, Karla!!!

 

COMPARTIR


Así, sen máis, en maiúsculas.
Sempre nos encantou ver como os nosos alumnos e alumnas van adquirindo o difícil costume de compartir.
É bonito ver como comparten material escolar, como comparten os xogos do colexio, como comparten a merenda se ven a alguén que quedou cunha pouquiña de fame...
Pero se hai algo que nos chega ao corazón (será porque somo profes) é ver compartir coñecementos e habilidades. Hai poucas actitudes tan xenerosas no alumnado!
En 4º de primaria vimos a Giulia, con toda a paciencia, agarimo e bo facer do mundo; ensinando a todo aquel que quixo, como tocar a pandeireta.
Grazas, Giulia!!!

 

FESTIVAL EN 4 ACTOS. ACTO I


Como xa sabedes,  o noso proxecto anual céntrase nas artes escénicas. Programamos catro actos, é dicir, catro datas ao longo do curso.
Pois achégase o ACTO I, a celebración máis tradicional, se cabe, de todas as que ofertamos:
VENRES, 20 DE DECEMBRO
10:30H
NA AVISOUREIRA.
Tedes o programa na imaxe.
Esperámosvos!!!
Que non volo conten!!!

NOVA XORNADA DE CONVIVENCIA


Este luns visitáronnos sete novos amigos residentes no Centro de Emerxencia para Persoas Migrantes de Mondariz Balneario.
Sete africanos encantadores que nos explicaron de onde veñen, como son as súas comidas, a súa roupa, algunhas das súas tradicións...
Os nenos e nenas asombránronse ao saber que todos eles falan con fluidez polo menos 4 linguas, entre elas o francés e inglés; e outras tan exóticas como o bambara, wolof ou soninque.
Con eles elaboramos diccionarios bambara - castelán e wolof - castelán e aprendemos que palabras como por favor e grazas son moi fermosas en calquera lingua.
JËRËJËF (grazas en wolof) pola vosa visita!!!

 

mércores, 4 de decembro de 2024

Aparatos e sistemas

Nestes días, os nenos e nenas de 6º, estivemos facendo uns traballos en grupos do aparello respiratorio, circulatorio e dixestivo. 

Nestes traballos tivemos que facer uns esquemas e logo explicalos na clase.

Como sempre, despois veñen as preguntas e as valoracións dos compañeiros.



domingo, 1 de decembro de 2024

Club de lectura "Os leóns lectores de 3º de primaria"

 Despois de ler os libros de Susana Lamela Soños de andel e andeis baleiros, os nenos e nenas de terceiro mediante o seu clube de lectura, os leóns lectores, pensaron cal sería o libro dos seus soños e puxéronse a imaxinar e a traballar na portada dese libro ideal. O resultado foi xenial, os doce nenos e nenas de terceiro lendo o seu libro ideal.



Club de lectura: "Lendo a todas horas"

 Os nenos e nenas de 5º de pri,aria formaron o seu pripio club de lectura. Chámase          e leron o libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", autora Ledicia Costas. 

Este libro figura como uns dos máis lidos nos itinerarios lectores do noso cole. A súa autora conta co Premio Nacional de Literatura Infantil 2015. Lecia Costas presenta unha aventura de superación dunha nena moi curiosa e extravagante que reafirmará a súa personalidade e chegará ata onde sexa necesario por axudar aos seus.

Os nenos e nenas de 5º fixeron unhas maquetas dos globos aerostáticos empleados por Extravaganzza na súa aventura