O xoves pasado as nenas e nenos de 5º de Primaria tiveron a oportunidade de aprender a técnica e o regulamento básico do golf. Practicaron diferentes golpeos seleccionando o pau de golf adecuado, como verdadeiros profesionais.
Esta é unha das actividades do Programa Xogade que máis gusta aos nenos e nenas do noso centro. A contorna é moi agradable e tranquila; convida á relaxación e á concentración con todos os beneficios das actividades ao aire libre. Unha preciosa experiencia!
Grazas ao Club de Golf de Mondariz Balneario por convidarnos e facer desta xornada unha das nosas favoritas do ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario