En 3º de Educación Primaria, “Os Peroxos”, decidiron que o
primeiro libro ía ser “Peroxo. Un rapaz de aldea”, do autor Luis Chapela Bermúdez
no que percorre con relatos curtos as memorias dos veciños de Berducedo, nados
na segunda metade do século pasado. A
ver que nos contan!
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
mércores, 15 de novembro de 2023
CLUB DE LECTURA CURSO 23/24
Este mes constituímos diferentes Clubs de Lectura no Feliciano Barrera.
En 5º de Educación Primaria, “Os Trogloditas Lectores”, comezan a súa andaina co libro “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, da autora Ledicia Costas e ilustracións de Óscar Villán. Extravaganzza vive cos seus pais nunha casa que semella un zoolóxico. Que será desta nena cando os seus pais marchen a unha expedición secreta? Agárdanos unha lectura moi divertida e chea de peripecias.
En 4º de Educación Primaria, “Os Superlectores Celtas”, estrean o club co libro “A cazadora de estrelas”, da autora María Canosa e ilustracións de Dani Padrón. Xuntos crearemos un neboeiro de luz, xa que Megumi, a protagonista, é unha das mellores cazadoras de estrelas. Desfrutaremos dunha lectura moi agradable con preciosas descripcións.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario