Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes da biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de outubro de 2025

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A ANDAINA

  Non hai mellor maneira de celebrar o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES que recollendo as mochilas viaxeiras.

O 24 de outubro, para celebrar esta efeméride, reunímonos todo o cole na biblioteca con Leo León. Os axudantes da biblio presentáronnos este día tan importante, cantaron o rap das normas da biblioteca e repartieron as mochilas viaxeiras a cada grupo.

Agora tócanos disfrutar das lecturas e compartirlas coas nosas familias na casa.

Gocemos da lectura!



sábado, 25 de outubro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 2025

 


O 24 de outubro sempre é un día especial no Feliciano Barrera.
Celébrase o Día Internacional das Bibliotecas e todo o alumnado do centro reúnese na biblioteca de Leo León para lembrar as normas a ritmo de rap, para iniciar a primeira viaxe das mochilas viaxeiras, para orientar a novos usuarios e usuarias...
Os nenos e nenas de 6º de primaria estreáronse no seu primeiro acto oficial  como responsables de biblioteca. Non puideron facelo mellor!
Este curso gústanos especialmente o lema: "Contra a desinformación: bibliotecas". Aí estaremos, contribuíndo a fomentar o espírito crítico e a capacidade de distinguir a información veráz da que non o é. 

xoves, 25 de setembro de 2025

A biblioteca de Leo León ponse en marcha!!

 Despois dunha semana de formación, os maiores de sexto, xunto con Leo León, están listos para recibir a tódolos compañeiros do cole na nosa biblioteca.

Esta primeira semana foi de gran intensidade na biblioteca: xogos, lecturas, empréstitos...

Que gañas temos de novas aventuras lectoras!