Tres días intensos os da semana pasada: obradoiros de maquillaxe, exposición de cabazas, lecturas conxuntas no patio, xogos con luz negra e unha chea de historias antigas e novas á luz das candeas...
Como broche final: "o mellor Magosto da miña vida", como dixeron, literalmente, na clase de sexto de primaria.
Tivemos o privilexio de rebibir a uns invitados excepcionais: 8 rapaces procedentes de Mali que viven actualmente no Centro de Emerxencia para Persoas Migrantes de Mondariz Balneario. A cambio de mostrarlles unha parte da nosa cultura recibimos moito máis: amabilidade, simpatía, xogos novos e unha man marabillosa á hora de tratar aos nenos e nenas. Esperamos que a experiencia fose para eles tan bonita como para nós.
Ademais, por se todo iso fose pouco, despois de anos chuviosos e nubrados, puidemos celebrar o noso magosto á luz do sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario