Amosando publicacións coa etiqueta 25 N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25 N. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de novembro de 2025

Actividade do 25N na biblioteca escolar: flores que alzan a voz, A FLOR DO BO TRATO.


Este 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a Muller, a nosa biblioteca convertiuse nun espazo de reflexión, lectura e creación para todo alumnado do Centro a través dos libros, das palabras e o traballo cooperativo.


Propuxemos as seguintes lecturas por ciclos sobre a igualdade e convivencia: Nos tratamos bien de Lucía Serrano, Rosa Caramelo e Artur e Clementina de Adela Turín, Hai algo máis aburrido que ser unha princesa Rosa? De Raquel Díaz e O libro dos porcos de Anthony Browne.


Despois da lectura abriuse o diálogo sobre o significado de respeto, a igualdade ou os coidados. De seguido, cada grupo decidiu cinco frases sobre o traballado e escribíronse nunha man. Non era unha man calquera, senón  que esas mans convertiríanse en pétalos para formar a nosa flor do bo trato.


Con esta actividade buscamos fomentar valores de respeto, igualdade e exemplos de bo trato desde as idades máis temperás.



Expositor na biblioteca sobre o 25 N

Como é habitual todos os anos, na biblioteca de Leo León fixemos unha selección dos contos que mellor tratan este tema.



mércores, 26 de novembro de 2025

25N: QUE PRECISAS PARA VOAR?

 


E ti? Que precisas para voar e ser libre?
Este 25N un mesmo lema une a todo o alumnado do centro. Simple e á vez complexo; pero, sen dúbida, directo ao corazón.
Todas as persoas necesitamos o mesmo: diálogo, comprensión, liberdade para tomar decisións propias...
As nosas bolboretas saen dos tarros portando as palabras de paz e amor que as nenas e os nenos escribiron, por se acaso, en varios idiomas. Para que se entendan mellor!
Un ano maís o CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera posiciónase, claramente e sen excepción, en contra de calquera tipo de violencia.