Leo - Lab é o nome dunha das modalidades dos Proxectos Innova - Lab, que buscan a mellora dos centros escolares mediante a implementación de proxectos de innovación educativa.
Leo - Lab, concretamente, está enfocado ao centro educativo como promotor da comprensión lectora da comunidade escolar.
O noso proxecto desenvolve, fundamentalmente, tres medidas:
- Obradoiros de prevención de dificultades da comprensión lectora para infantil e 1º e 2º de primaria.
- Obradoiros de alfabetizacións múltiples e vida diaria, para 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
- Avaliación obxectiva do nivel de comprensión lectora antes e despois da posta en práctica dos obradoiros en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Na imaxe podedes ver un exemplo de unha das actividades realizadas en 4º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario