sábado, 8 de marzo de 2025

A ÁRBORES DAS EMOCIÓNS

 

 

Como xa sabedes, este curso estreamos novos programas no Feliciano Barrera. Hoxe querémosvos lembrar o PIE (Proxectos de Inclusión Educativa), concretamente, a nosa liña de Promoción do Benestar Emocional.
Un eixo importante deste proxecto é a elaboración de diarios emocionais. Con eles procuramos que o alumnado faga un exercicio de introspección e sexa consciente do seu propio estado emocional. En cada clase fan este traballo de forma diferente: oral, por escrito, nun calendario...
En terceiro de primaria son moi orixinais e o seu diario emocional ten forma de árbore. Cada folla representa un día da súa vida que colorean segundo as súas emocións.
Preciosa metáfora do paso do tempo e dos cambios que se van producindo en nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario