venres, 4 de outubro de 2024

FESTIVAL EN CATRO ACTOS

 


Novidades!!!
Como algúns e algunhas xa sabedes, o proxecto de centro deste ano son as Artes Escénicas.
As artes escénicas son, fundamentalmente, tres: teatro, danza e música; pero estas á súa vez divídense en múltiples disciplinas como o monicreque, as sombras chinesas ou o circo. 
Resumindo, que decidimos facer un ciclo de artes multidisciplinar no que todo, ou case todo, ten cabida.
Todo o alumnado vai participar, pero para non facer un festival de oito horas e media, dividímolo, como as obras de teatro, en actos:
Acto I: Festival de Nadal.
Formato tradicional. Actúa todo o alumnado.
Acto II: Letras Galegas.
Actuacións de 3º, 4º e 5º de primaria.
Acto III: Xuño.
Espectáculo de 6º de primaria
Acto IV: Fin de curso.
Actúa Infantil e 1º e 2º de primaria e graduamos ao alumnado de sexto de infantil e de sexto de primaria.
Esperamos que ter as datas con antelación (están no cartel) axude ás familias a organizarse e poidan asistir aos distintos actos.
Aínda non temos pechadas todas as disciplinas a traballar e bastantes detalles deste FESTIVAL EN CATRO ACTOS seguen no aire... Só sabemos unha cousa: Será algo MEMORABLE. Seguiremos informando!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario