Ola a todos e a todas.
Somos os nenos e nenas de 6º de primaria. Estamos formando unha compañía de ópera que se chama 12 estrelas.
Para aprender a concentrarnos e a traballar en equipo, estamos a facer retos e xogos, como por exemplo: estatuas, o globo, sip sap, a pedra da concentración, números, nó de mans ...
Ademais, estamos escollendo un logo para a nosa compañía que vos ensinaremos pronto.
A partir de agora podedes seguir as nosas publicacións coa etiqueta “6º informa”.
Un saúdo dos nenos e nenas de 6º.
Ningún comentario:
Publicar un comentario