venres, 18 de outubro de 2024

Preparación do pleno infantil

Este xoves viñeron do concello para axudarnos a preparar a nosa participación no pleno

infantil.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estamos traballando para representar o mellor

posible ao noso centro no Concello de Ponteareas.

Irémosvos informando!





DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE A PARADA CARDÍACA

O mércores foi o día da Concienciación sobre a Parada Cardíaca. Os nenos e nenas de 6º fomos a Ponteareas.

Alí ensináronnos como auxiliar a unha persoa atragoada, inconsciente ou en parada cardíaca.

Tamén nos explicaron as funcións da policía, de protección civil, da cruz vermella e dos bombeiros.

Pasámolo xenial!!!





Concurso de ciberseguridade

Os nenos e nenas de 5º e de primaria participamos este martes nun concurso de ciberseguridade. A prendemos o que se pode facer eo que non. Como por exemplo que é o que debemos facer cando nos aparece unha mensaxe dun descoñecido, cando nos piden una foto en pixama, cales son as contrasinais seguras ...

Pasámolo moi ben, foi divertido 

e fixémolo xenial no concurso. Somos

un bo equipo!!





luns, 14 de outubro de 2024

A biblioteca de Leo León xa está en marcha!!!

 Este curso abre a biblioteca con moitas novidades: chan novo, xoguetes novos, axundantes novos, zona de infantil nova... en moitas cousas máis que iredes descubrindo ao longo do curso.

Neste video podedes ver o bonita que quedou a biblioteca despois das reformas e como disfrutan os nenos e nenas durante os recreos.





xoves, 10 de outubro de 2024

12 Estrelas Compañía de Ópera

Ola a todos e a todas.
Somos os nenos e nenas de 6º de primaria. Estamos formando unha compañía de ópera que se chama 12 estrelas.

Para aprender a concentrarnos e a traballar en equipo, estamos a facer retos e xogos, como por  exemplo: estatuas, o globo, sip sap, a pedra da concentración, números, nó de mans ...


Ademais, estamos escollendo un logo 

 para a nosa compañía que vos ensinaremos

 pronto.


A partir de agora podedes  

seguir as nosas publicacións coa etiqueta

“6º informa”.


Un saúdo dos nenos e nenas de 6º.







mércores, 9 de outubro de 2024

WELCOME TO GULÁNS, LAUREN!

 


O venres pasado incorporouse á familia do Feliciano Barrera a nosa nova auxiliar de conversa.
Chámase Lauren Sharp e vén de Bristol (Reino Unido) Estabamos desexando coñecela!!!
En dous días que estivo connosco xa tivo tempo de presentarse en todos os cursos de primaria e de responder ás infinitas preguntas coas que nenos e nenas bombardeárona.
Encantados e encantadas de que esteas aquí!!!

sábado, 5 de outubro de 2024

Os novos axudantes da biblioteca

 Durante o mes de setembro, os nenos e nenas de 6º, acudiron durante algúns recreos á biblioteca para aprender o manexo do programa Meiga de préstamos e devolucións e para coñecer máis sobre a colocación e distribución de libros, xogos e diferentes materiais que fan da nosa biblioteca un sitio máxico.

Xa están preparados para todo o que precise a biblioteca e os seus usuarios. Eles  aconsellarannos sobre diferentes lecturas, xogos, realizarán os préstamos e devolucións dos libros e contos e lembrarannos como debemos comportarnos na biblioteca do cole.



venres, 4 de outubro de 2024

FESTIVAL EN CATRO ACTOS

 


Novidades!!!
Como algúns e algunhas xa sabedes, o proxecto de centro deste ano son as Artes Escénicas.
As artes escénicas son, fundamentalmente, tres: teatro, danza e música; pero estas á súa vez divídense en múltiples disciplinas como o monicreque, as sombras chinesas ou o circo. 
Resumindo, que decidimos facer un ciclo de artes multidisciplinar no que todo, ou case todo, ten cabida.
Todo o alumnado vai participar, pero para non facer un festival de oito horas e media, dividímolo, como as obras de teatro, en actos:
Acto I: Festival de Nadal.
Formato tradicional. Actúa todo o alumnado.
Acto II: Letras Galegas.
Actuacións de 3º, 4º e 5º de primaria.
Acto III: Xuño.
Espectáculo de 6º de primaria
Acto IV: Fin de curso.
Actúa Infantil e 1º e 2º de primaria e graduamos ao alumnado de sexto de infantil e de sexto de primaria.
Esperamos que ter as datas con antelación (están no cartel) axude ás familias a organizarse e poidan asistir aos distintos actos.
Aínda non temos pechadas todas as disciplinas a traballar e bastantes detalles deste FESTIVAL EN CATRO ACTOS seguen no aire... Só sabemos unha cousa: Será algo MEMORABLE. Seguiremos informando!!!