luns, 29 de maio de 2023

OS TORNADOS

Non o sabíamos pero no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera hai catro superheroes ou quizais agora hai máis... Podemos comprobalo nesta curta realizada por parte do alumnado de 5º de Primaria para I Festival de Cine de Guláns. 

XOGOS POPULARES

 Comezamos a semana comentando as xornadas de deporte escolar celebradas estes días en Salvaterra. Concretamente, o parque da Canuda foi escenario dunha chea de de xogos populares. O xoves asistiron 3º e 4º de Primaria e o venres, 5º e 6º. Unha marabillosa maneira de fomentar a actividade deportiva e manter con vida a tradición de xogos aos que xa xogaban os nosos avós e avoas. Unha  divertida xornada de convivencia que, grazas a un enorme traballo de organización, como cada ano, foi todo un éxito.





Os tres porquiños.... ou gatiños?

 As nenas e os nenos de 3º fixeron a súa versión especial do conto "Os tres porquiños". Ahí vai:



domingo, 28 de maio de 2023

O cascabel da gata. Como se fixo

 As nenas e nenos de 1º fixeron o videoclip "O cascabel da gata". Seguro que todos vós o escoitastes xa. Pero, queredes saber como o fixeron? Pois aquí queda o vídeo no que podedes ver todo o proceso creativo.





venres, 26 de maio de 2023

Curta de 2º Primaria: Sígueme.

 O alumnado de 2º de Primaria preparou unha curta do libro "Sígueme", coa técnica de Stop Motion. Unha adaptación do precioso conto, cheo de maxia, escrito por José Campanari e ilustrado por Roger Olmos. Unha historia de amor que non ten nada de raro.


A PROCURA DO TESOURO

 Curta realizada por parte do alumnado de 5º de Primaria para I Festival de Cine de Guláns. Nela un grupo de nenos deciden buscar un tesouro no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera e coa axuda do director do centro atoparan o maior tesouro que hai no centro.


xoves, 25 de maio de 2023

Non fai falta a voz


Curta realizada polo ciclo de educación infantil do colexio público plurilingüe Feliciano Barrero ao abeiro do programa " Nós tamén creamos" 

luns, 22 de maio de 2023

martes, 16 de maio de 2023

FESTIVAL DE CINE DE CANS

Hoxe tódalas clases de primaria visitaron Cans para coñecer desde dentro o seu famoso festival audiovisual. Por certo, lembrámosvos que se celebra esta semana, do 16 ao 20 de maio. 

Visitamos o Torreiro das Estrelas, onde xente tan famosa como Luís Tosar ou Luís Zahera deixaron as pegadas das súas patiñas (sen ofender) no chan. 

Tamén nos gustou moito o Muro dos Chimpíns, onde se pon en valor o traballo das persoas que axudaron a poñer en marcha o festival. 

Tomamos nota dalgunhas cousas e esperamos que o noso Festival de Cine de Guláns tamén teña moito éxito.

Un gran día de AGROGLAMOUR en Cans!!!







xoves, 11 de maio de 2023

BALONMÁN E FÚTBOL SALA NA CULTURAL

 Nova xornada de deporte escolar para 5º e 6º de Primaria. Hoxe recibimos ao CEP Carlos Casares, de Alxén, na Avisoureira. Outro gran día de deporte  e convivencia. Non levamos a conta dos goles, só sabemos que foron unha chea por parte de ambos equipos. Que satisfacción poder ver actitudes tan deportivas en todos os nenos e nenas!

Despois de tanto esforzo chegou o momento da merenda e do merecido descanso. 

Moitas grazas ao Centro Cultural de Guláns por cedernos as súas estupendas instalacións e por facernos sentir, sempre, coma se estivésemos na nosa casa.






Proxecto Pito 2

 

En primeiro de primaria tiveron emocións fortes esta semana. Este martes os seus ovos levaban xa 21 días na incubadora. Por fin era día 9 de maio! Chegaron a clase e estaba a nacer o primeiro pitiño. Rompía a que foi a súa casa con toda a calma, parecía que quería que todos os nenos e as nenas puidéseno ver. E así foi. Todas as clases pasaron por primeiro de primaria, moi silenciosas, a visitar ao recén nacido.
Non vos imaxinades a ilusión dos nenos e as nenas cos seus novos amigos. Toda unha experiencia chea de aprendizaxes; desde a planificación e o tempo de espera ata a responsabilidade que supón alimentar e coidar a calquera ser vivo. Están a facelo fenomenal. Parabéns por un gran traballo!!!