venres, 8 de maio de 2026

FEIRA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS 2026

 


Non faltedes mañá a un dos nosos eventos escolares favoritos: A Feira das Ciencias de Ponteareas.
Este ano o tema é inmenso e pequeniño ao mesmo tempo: o mundo das abellas.
Os nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria prepararon a exposición con todo o seu agarimo e habilidade científica. Non quero contarvos demasiado, prefiro que vos acheguedes a vela! Só dicir que o produto final é moi cálido e agradable…
IMPORTANTE: Este ano, debido á inestabilidade climatolóxica da primavera toliña que nos tocou, celébrase na Praza de Abastos.
Estaremos alí desde as 17.00 ata as 20.30.
Agardámosvos!!!

STREET DANCE

 


Un ano máis as danzas urbanas encheron o Feliciano Barrera de boa vibra.
Desde 4º de educación infantil ata 6º de primaria todo o alumnado tivo a oportunidade de mostrar as súas habilidades de improvisación e creación en equipo.
Por que practicar baile urbano na escola?
Porque aprender unha coreografía estimula a memoria e a atención. Porque o movemento harmónico do corpo pon a proba e favorece a coordinación e o equilibrio. Porque a danza permite a expresión de emocións a través do corpo….
E, para rematar, pero moi importante: porque é incriblemente divertido e liberador!!!
Moitas grazas ao Concello de Ponteareas por organizar e financiar esta actividade!!!

mércores, 6 de maio de 2026

Arte galega: a cerámica de Sargadelos


O alumnado de cuarto de primaria estivo moi entretido pescudando sobre arte galega e atopouse coa cerámica de Sargadelos: investigaron a súa interesante historia e expuxeron todo o proceso de produción das pezas. Reproduciron algúns dos seus deseños de vaixela e inspiráronse nalgunhas das figuras da marca  de cerámica para modelar as súas propias figuras. Hai moita arte neste grupo!

domingo, 3 de maio de 2026

SOÑA NA HORTA

 


Que importante é o contacto coa natureza en educación infantil!
Remata o mes de abril e chega o momento no que os mestres e mestras damos un paso atrás e deixamos ensinar a outros: á terra, á auga, ao sol…
É o momento de poñer en marcha a horta no Feliciano Barrera!

xoves, 30 de abril de 2026

ABRIL: MES DA VERGOÑA E ORGULLO

Rematamos o mes de abril que adicamos a VERGOÑA E ORGULLO. Coñecimos as obras de Max Kingler, Tutmose e, de novo, Picasso. 

O alumnado tratou de pensar en logros persoais dos que estiveran orgullosos, ilustraron a vergoña e escribiron mensaxes para comprender e empatizar a vergoña noutras personas.

Agora adentrámonos no último mes de proxecto, maio será o mes da calma e a serenidade.



mércores, 29 de abril de 2026

FAMILIAS NA ESCOLA: LUCA

 


En educación infantil están moi emocionadas e emocionados cun dos seus novos proxectos: Insectos.
Como noutras ocasións, relatores expertos viñeron a visitarnos para ampliar os nosos coñecementos. A cuestión é que non viñeron sós. Trouxeron vermes de seda e deixáronnos unha chea en adopción responsable.
As aprendizaxes dos nenos e as nenas ao redor dos vermes de seda son practicamente infinitos. O compromiso adquirido para o seu coidado, o vocabulario necesario para clasificalos e describilos, a paciencia para poder observar a súa metamorfose…
Encántanos transmitir a idea de como uns seres tan pequeniños que parecen non facer máis que comer e tecer producen un dos materiais máis prezados e delicados do mundo.
Moitas GRAZAS, familia, polo voso tempo e por eses adorables bichiños!!!

PROXECTO COMPETENCIAL: O OBXECTO MÁXICO

 


Se queres deseñar unha actividade que triunfe en educación infantil tes dúas opcións que nunca fallan: as mesturas que se poden amasar (canto máis sucias e pegañentas mellor) e os elementos da natureza (pedras, paus, follas, bichos…)
“O Obxecto Máxico” une ambas. Unha mestura de fariña, sal, auga e colorante que enmarca follas secas ou pétalos de flores recollidos na contorna escolar.
O resultado: un amuleto protector que cada neno e cada nena pode conservar na súa casa para lembrar que as cousas máis simples son case sempre as máis fermosas.

martes, 28 de abril de 2026

Encontro Club de lectura Rede Bibliotea

 Onte, 27 de abril, participamos na xuntanza de clubs de lectura dos colexios e institutos de Ponteareas, Rede Bibliotea. O alumnado participou en diversos obradoiros rotativos de diferentes temáticas e recital de poesía.

O noso Centro propuxo obradoiros relacionados co proxecto anual de Centro, emocións e arte



Novidades na biblioteca de Leo León


 

venres, 24 de abril de 2026

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Durante a SEMANA ADICADA AO LIBRO na biblioteca de Leo León houbo moita actividade: Leváronse a cabo APADRIÑAMENTOS LECTORES con moitísimo éxito.

Os nenos e nenas compartiron libros  durante o tempo de lectura pero non so eso, tanto padriños como apadriñados intercambiaron cartas, manualidades e tarxetas  feitas con moito agarimo e que de seguro serán un gran recordo.



xoves, 23 de abril de 2026

23 de abril - DÍA DO LIBRO

Seguimos pirateando no Feliciano Barrera. Hoxe, 23 de abril, día do libro, o alumnado disfrutou dun contacontos moi pirata por parte de Lalá Teatro. 

Colaboraron en equipo coa pirata Nina para atopar o tesouro, superando probas e  aventuras na nosa biblioteca e atopando contos que eles mesmos crearon.

FELIZ DÍA DO LIBRO




OS LIBROS TESOURO DOS NENOS E NENAS DO FELICIANO BARRERA POLA SEMANA DO LIBRO

Non hai maior tesouro que un bo libro. Xa o saben moi ben tódolos nenos e nenas do noso cole.

Pensaron no seu libro tesouro, ese co que disfrutan moito e que lerían milleiros de veces, reproduciron a portada e escribiron os datos do autor e ilustrador. 

Quedáronlles uns libros tesouro de moito valor ata que… chegaron os piratas!

Eses piratas axudantes da biblio de Leo León percorreron as aulas co seu cofre en busca dos  tesouros pero… tranquilos! Leváronos a bo recaudo. Atópanse na nosa biblioteca, agora si, tódolos tesouros están baixo vixilancia do mellor gardián de biblioteca, Leo León.



SEMANA DO LIBRO

 Exposición de libros para conmemorar a semana do libro.



LECTURAS COMPARTIDAS

 


Todo un clásico xa no programa de actividades do Feliciano Barrera cando se achega o día do libro!
Ao alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de primaria asignóuselle un neno ou nena de infantil ou do primeiro ciclo de primaria como afillada ou afillado lector.
Na hora da lectura os padriños e madriñas escolleron un lugar agradable do patio e leron un conto ao seu encantado público. Toda unha semana para afondar nos intereses dos máis pequenos e pequenas e practicar a lectura en voz alta.
Propoñemos esta actividade cada ano porque SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE, é todo un éxito!

ARTE GALEGA

 


O alumnado de 5º de primaria, na súa clase de Proxecto Competencial, estivo a investigar a obra de artistas galegos e galegas de diferentes disciplinas: pintura, arquitectura, música…
Para expoñer os resultados das súas investigacións crearon un lap book interactivo que todos os nenos e nenas poden consultar.
Dentro vídeo!!!