Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil e do segundo ciclo de Educación Primaria (3.º e 4.º) participaron nun divertido e enriquecedor obradoiro de habilidades sociais e xestión das emocións.
A través de diferentes dinámicas e actividades, tiveron a oportunidade de aprender a identificar e expresar as súas emocións, desenvolver habilidades sociais, escoitar e respectar os demais e adquirir ferramentas para a resolución de conflitos.
Un espazo para descubrir que todas as emocións son importantes, que aprender a xestionalas nos axuda a sentirnos mellor e que o respecto, a empatía, o diálogo e a escoita son fundamentais para construír unha convivencia positiva.
Porque educar tamén é ensinar a sentir, comprender, respectar e convivir.
Seguimos medrando xuntos e xuntas, tamén por dentro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario