domingo, 23 de marzo de 2025

MÁIS FAMILIAS NA ESCOLA: MARTIÑO

 


A semana pasada estiveron cos nenos e nenas de infantil a nai e o pai de Martiño.
Contáronnos un conto, guiaron unha actividade plástica e contestaron a todas as preguntas que lles quixeron facer (asegúrovos que nunca son poucas). O tema, simple e apaixoante ao mesmo tempo: mans e pés. 
Como sempre que se pasan polo colexio, un éxito absoluto!
Moitas grazas a Cristal e a Pedro por celebrar o aniversario de Martiño connosco. O voso tempo é o mellor agasallo!!!

A ZERO!

 


Luns e mércores a cero no Feliciano Barrera!
Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria gozaron esta semana dos obradoiros do Proxecto Ponte a Zero, Programa de Educación, Formación e Divulgación Ambiental sobre a Redución e Xestión dos Residuos da Provincia de Pontevedra.
Mediante dinámicas e xogos os nenos e nenas descobren a importancia de separar correctamente o lixo, de reciclar e reutilizar obxectos, do aproveitamento de materiais... e de todas aquelas pequenas / grandes accións cotiás que melloran a saúde do noso sufrido planeta.
Bo traballo!

MÚSICA É VIDA

 


Porque a música é vida e porque a vida é música!
Que fermoso traballo que fixeron os nenos e nenas de primeiro de primaria!
Resulta que as claves, as notas, as brancas, as negras, as corcheas... non son soamente para escoitar ou ver. Pódense coser, dobrar, ordenar e, se me apuras, creo que mesmo pódeselle pasar o ferro!
En fin, a actividade non é fácil de describir. Convídovos a que vexades o vídeo!

sábado, 22 de marzo de 2025

XEOMETRÍA ACTIVA

En 4º de primaria seguen traballando con dimensións e espazos. Despois de deixarnos abraiados e abraiadas cos seus planos dunha vivenda ideal deron o salto ás tres dimensións.

Comezan asentando ben as bases (nunca mellor dito) para construír os seus propios corpos xeométricos. Conos, pirámides, cubos, prismas…
Non sabemos agora mesmo como continuarán o traballo, pero encantaranos contárvolo!


xoves, 20 de marzo de 2025

A NOSA COMPAÑÍA!

Xa comezamos a traballar por profesións, cada profesión xa ten un pouco de traballo feito.

Os nosos interpretes son: -Diego, Ainoha, Candela, Gala e Cecilia. Están creando os seus propios guións,  son moi divertidos!!!

Os nosos músicos son: - Unai, Martina e Neyzan. Están facendo as cancións dos nosos intérpretes. Que pegadizas son!!!

Da escenografía encárganse: - Leire e Xoel. Están creando a nosa imaxe e o noso decorado. Son moi creativos!!!
Da rexiduría ocupámonos: - María e Laura. Estamos coordinando os grupos. que ben o están facendo!!!

domingo, 16 de marzo de 2025

Club de lectura de 5º de Primaria "Lendo a todas horas"

 Os nenos e nenas de 5º de primaria, despois de ler o libro "El principito" representaron a súa visión deste libro nunha preciosa maqueta.



Os Leóns Lectores de 3º de primaria

 Despois de ler o libro "Mi nombre es Skywalker" de Agustín Fernández Paz, os nenos e nenas de 3º mediante o club de lectura traballaron a descrición dos personaxes principais do libro.  Comenzaron coa técnica "Dez veces dúas", nomeando cualidades dos personaxes e completando coas que nos coincidían cos seus compañeiros. Remataron a tarefa completando a portada do libro cos debuxos dos personaxes que desapareceran.

Agora xa están preparando a seguinte lectura!



mércores, 12 de marzo de 2025

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Levamos xa un tempo facendo unha investigación sobre a axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Foi un traballo difícil, pero tamén moi divertido, porque o fixemos en equipo.

Aprendemos moito sobre os ODS e a súa importancia.

Agora temos un mural nas escaleiras para que quen queira poida consultar os ODS e resolver as principais preguntas sobre cada un deles. Só hai que tirar da solapa.

Cancioneiro de Guláns

Con tódalas coplas que recollemos polo día da lingua materna, fixemos un cancioneiro.

Está na biblioteca para que poidades lelo sempre que queirades.







El Principito


Comezamos a ler un novo libro para o noso club de lectura. Titúlase "El Principito".

Seguro que moitos de vós xa o coñecedes. É un libro que xa ten moitos anos, pero cremos que imos descubrir grandes cousas.



   

Máscaras con só 2 elementos



Polo Entroido estivemos facendo un traballo algo distinto na nosa aula.

A profe deunos só xornais e grampas e pediunos que fixeramos unhas máscaras en corenta minutos. Sen empregar ningún outro material.

Recomendámosvos probar este reto tan divertido, pasámolo xenial.



Canción de Momosan


Esta é a letra dunha canción que sae no libro "Momo", que rematamos de ler xa hai un tempo en 12 Estrelas Club de Lectura.

No libro aparece a letra da canción e entre todos compuxemos o ritmo e a música.
Momo emprega esta canción para derrotar a un monstro mariño imaxinario chamado Xum Xum Gomalasticum.