venres, 21 de febreiro de 2025

Día internacional da lingua materna

 
Hoxe fai 25 anos da primeira celebración do Día Internacional da Lingua Materna.
Conmemórase xa un cuarto de século defendendo a diversidade lingüística e a preservación das linguas como patrimonio cultural que son.
No Feliciano Barrera achegamos o noso gran de area este curso recollendo cancións de berce e coplas tradicionais.
Coñecedes algunha?
Axudádenos a completar o noso cancioneiro.

mércores, 19 de febreiro de 2025

Os Leo Lectores de 4º de primaria celebrando o día da Muller e a Nena na Ciencia

 No club de lectura dos Leo Lectores  leron "Clara e o enigma de Tihapia", de Ainoa García. Unha vez lido o libro, e para conmemorar o día da Muller e a Nena na Ciencia, traballaron unhas actividades asociadas ao libro como creación de anagramas, biografías, kahoots... Ademais aprenderon o que son as materias STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), durante moito tempo negadas ás mulleres e que agora son unha opción formativa independientemente do seu xénero.















As máquinas simples en 4º de primaria

 O alumnado de 4º de primaria sabe moi ben que é unha panca, un plano inclinado, unha polea e ademais aprenderon para que serven. Todas elas son maquinas simples que serven para realizar traballos cun esforzo menor.

Esta tarefa foi levada a cabo polos nenos e nenas coa colaboración das familias, nais, pais, avós e avoas, irmás e irmáns. O resultado foi marabilloso. Grazas ás familias por colaborar nesta difícil tarefa. 

Parabéns


.

domingo, 16 de febreiro de 2025

NOVA FORMACIÓN DO PROFESORADO

 


Outra tarde de martes diferente para as mestras e mestres do Feliciano Barrera. 
Na sesión anterior, Cris Collazo ensinounos algunhas técnicas de expresión corporal e, como quedamos con ganas de máis, volveu onte para contarnos os segredos de marionetas, monicreques, macacos e demais familia.
Unha tarde marabillosa movendo os fíos como verdadeiros titiriteiros e titiriteiras!!!
Quizais vexamos algún froito da tarde no Segundo Acto do noso Festival de Artes Escénicas...



PATAS AMIGAS EN 1º DE PRIMARIA

 


Os nenas e nenas de 1º de Primaria continúan co seu proxecto "Patas Amigas"
No vídeo fálannos das súas mascotas: divertidas, relaxantes, simpáticas...
Se hai algo que teñen claro clarísimo é o seu desexo de protexer aos animais e, para conseguilo, envían a súa mensaxe ao mundo, tanto ás persoas como aos animais. 
Para asegurarse de que escoitamos as súas ideas fánnolas chegar en linguaxe oral, escrito e en lingua de signos. Imposible non entendelo!!!

venres, 14 de febreiro de 2025

A nena que quería navegar

O pasado martes 11 de febrero, fomos a un teatro titulado
" A Nena que quería navegar".

Pasámolo moi ben. A obra gustounos moito. Ademais, fíxonos reflexionar sobre como tratamos aos noso compañeiros de clase.

Era unha obra con música e deunos moitas ideas para a nosa ópera.

Tamén nos gustou compartir con amigos de outros colexios.

Querémoslle dar as grazas á F.A.N.P.O. por esta experiencia tan especial e divertida.

Grazas!!!!!

Cartas de amor


En 6º de  primaria fixemos cartas de amor para os nosos pais e nais.

Quixemos dicirlles con palabras canto os queremos ... que difícil!

A todos lles gustou moito.

Agora son eles os que teñen deberes. Teñen que escribirnos unha resposta.

 Feliz día do amor e da amizade a todos e todas!

Leire. Petan á porta


 

venres, 7 de febreiro de 2025

O UNIVERSO NAS SÚAS MANS

En 5º de primaria fixeron un estupendo traballo sobre un tema tan amplo, complexo e marabilloso como é Universo.

Buscaron información, elaboraron maquetas, formaron equipos, presentaron o aprendido aos seus compañeiros e compañeiras…
Aprendizaxes tan infinitas como o propio Universo. Bo traballo!!!















xoves, 6 de febreiro de 2025

PATAS AMIGAS

 PATAS AMIGAS

Neste curso escolar os cativos e cativas de Infantil, 1º e 2º de Primaria participamos no Plan Proxecta "Protexe os animais" é un programa educativo que ten como obxectivo desenvolver a concienciación sobre o respecto e a protección dos animais domésticos.

Aquí deixamos unha pequena mostra dalgunhas actividades realizadas (fai clic na imaxe)



martes, 4 de febreiro de 2025

A VIDA DAS AULAS DE INFANTIL

 Nas aulas de infantil acontecen moitas cousiñas ao longo do día e é moi dificil capturalas todas. Nesta ocasión deixamos un pequeno resumo de actividades e festiñas das que disfrutamos todos xuntos.

Agardamos que vos gusten.




FACENDO XABÓN

O luns 3 de febreiro, estivemos aprendendo e a falando sobre as tres R: reutilizar,  reciclar e reducir .

Foi una experiencia moi divertida e emocionante.

Aprendemos moito sobre produtos de limpeza e tamén aprendemos a facer xabón caseiro con  aceite usado.

Querémoslle dar as grazas a "Ponte a zero " por ser tan amables con nós, por facernos rir e por ensinarnos esas combinacións que poden poñer en perigo a nosa vida nuns segundos.

Moitas grazass!!!!



30 de Xaneiro, Día da Paz e da non Violencia


 Para conmemorar o día da Paz e da non violencia, os nenos e nenas do Ceip Feliciano Barrera escribiron moitas mensaxes de paz e crearon un libro precioso que permanecerá na biblioteca para non esquecernos da importancia de manter a Paz nas nosas vidas

luns, 3 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025


É un feito: os nenos e nenas do Feliciano Barrera van cambiar o mundo. Ademais, polo que nos contan e nos cantan, van facelo rapidiño.
Dínnolo cantando, bailando, en letras maiúsculas, en lingua de signos... todo para asegurarse de que a mensaxe cheghe a todo o mundo: os nenos e nenas do Feliciano Barrera queren un mundo mellor e quéreno nun plisplás!!!