xoves, 14 de marzo de 2024

BÁDMINTON NO PABILLÓN MUNICIPAL

 


Onte, no Pavillón Municipal Álvaro Pino, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria gozaron dunha nova xornada de deporte escolar: a primeira fase do Campionato Escolar de Bádminton de Pontevedra. 
Un día fantástico de aprendizaxe e práctica do deporte; pero tamén de convivencia. Co CEIP de Leirado, a competición sempre é deportiva e amable. Unha gran experiencia!
Queremos expresar, como sempre, o noso agradecemento ao Club de Bádminton Ponteareas por convidarnos unha vez máis. Especialmente a Víctor, polo seu impecable traballo e o seu indiscutible talento para dirixir a nenos e nenas.
Parabéns a todos os clasificados e clasificadas. Izan, Yoel, Breixo, Yaiza, Martina e Laura: Bo traballo!
Por último, dicir que, acompañando ás imaxes, os nenos e nenas de 5º de primaria explican por que as xornadas de deporte escolar son unha das nosas actividades favoritas. 

PROTECCIÓN DA NATUREZA


Temos claro que protexer a natureza e protexer ás persoas son dúas caras dunha mesma moeda. Un exemplo diso atopámolo nas distintas charlas que deu a Garda Civil en 5º e 6º de primaria.
No mes de febreiro, unha garda explicou aos nenos e nenas a enorme riqueza natural que temos no noso país e a imperiosa necesidade de protexela e recuperala naqueles lugares nos que se viu comprometida. 
Non é demasiado tarde! Aínda temos moito por facer!

martes, 12 de marzo de 2024

Mulleres na radio

  O alumnado de 3º de primaria investigou sobre a vida dunha xornalista das de verdade. Unha muller que comezou a traballar na radio con só dezaoito anos. Directora e presentadora en Radio Nacional de España. Gañou dous premios Ondas, dous Micrófonos de Prata e un Micrófono de Ouro… entre outros moitos galardóns. Todo un exemplo de comunicación de calidade.

Pepa Fernández



luns, 11 de marzo de 2024

Semana da prensa: Titulares tolos


O que vedes é a actividade que propuxo este curso o equipo de biblioteca pola semana da prensa: “Titulares tolos”.
Os nenos e nenas; ben equipados con xornais, tesoiras, pegamento e carros de imaxinación crearon titulares do máis absurdo e creativo.






mércores, 6 de marzo de 2024

8 de marzo, día da muller

 Na biblioteca de Leo León, preparamos unha extensa exposición de contos e libros dedicados ás mulleres.





sábado, 2 de marzo de 2024

Novidades de Marzo

 Este mes comeza cunha chea de contos novos na biblioteca de Leo León. 

Para os lectores e lectoras máis novos temos dúas coleccións pensadas para eles e elas. Son "Aprende a ler na escola de monstros"  e "Investigato". Dúas coleccións en letra maiúscula  e por último dous contos novos da colección de Mortiña.

Ademais e debido ás peticións de algúns alumnos de 3º de primaria, contamos con dous novos exemplares do Capitán calzoncillos e un novo libro de Tom Gates.

Para o terceiro ciclo contamos cunha nova colección titulada "Chica xenial" que seguro gustará moito entre a rapazada destas idades. 

Todas estas novidades e moitas máis podedes atopalas na biblioteca de Leo León!





venres, 23 de febreiro de 2024

EDUCACIÓN AMBIENTAL

 


Todo o alumnado do centro asistiu hoxe, en diferentes quendas, a unha impactante charla organizada polo Concello de Ponteareas. 
Puxéronlles diante, literalmente, moito do lixo que, sen que nos deamos conta, acaba nos nosos ríos e outros espazos naturais.
Impresionados e impresionadas quedáronse cos datos dos desastres que provoca o abuso das toalliñas húmidas!
Moitas grazas or vir ao centro para facernos máis conscientes do problema. Actuaremos en consecuencia!


23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega. Criouse nun ambiente rural onde aprendeu o idioma galega, os seus costumes e moito da cultura galega que máis tarde recollería nas súas obras. Ela devolveu a dignidade ao pobo galego, que xa nunca máis esqueceu os seus costumes e tradicións.
Os nenos e nenas de 3º de primera fixeron unha pequena homenaxe a Rosalía a través dun videopotcast







 

xoves, 22 de febreiro de 2024

CIBERSEGURIDADE NA BIBLIOTECA

 



Unha axente da garda civil explicou aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria nocións básicas sobre ciberseguridade e boas prácticas na rede.
A tecnoloxía chegou para quedar e por iso é tan necesario ensinar aos nenos e nenas a utilizala con precaución e respecto, tanto a si mesm@s como aos demais. 
Con prevención, educación e acompañamento promovemos un uso san das tecnoloxías da información e da comunicación. 

venres, 16 de febreiro de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA - ESCORNABOT - 4º XOGO DE MESA

 Agora a quenda de xogar, creando escenarios para atravesar co escornabot. Cada grupo tivo que conseguir chegar á casilla de pregunta, evitando as trampas do percorrido. Este xogo de mesa, realizouse para repasar contidos de Ciencias Sociais.

xoves, 15 de febreiro de 2024

domingo, 11 de febreiro de 2024

11 DE FEBREIRO - BIBLIOTECA CREATIVA

 Polo 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da nena na ciencia, o alumnado de primaria realizou un circuíto eléctrico téxtil. Recortaron tea de fieltro e coseron un fío condutor a un portapilas e varios leds. O antifaz foi representado en 5 mulleres deseñadoras gráficas, que coñecimos e resaltamos unha frase representativas da muller, en cada unha delas.

domingo, 4 de febreiro de 2024

Radio Guáns: Frases pola Paz: 1º de primaria

Este curso temos como proxecto: "A Radio". Para celebrar o día da non violencia e da Paz traballamos   podcast e videopodcast baixo o lema "Frases pola Paz. Aquí tedes o traballo de 1º de primaria