venres, 24 de novembro de 2023

CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - I OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA

Este mes abordamos a Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares cun primer obradoiro de Biblioteca Creativa: O circuíto sinxelo. Participou toda a Primaria. Aprendimos primeiro a crear un circuíto con cinta de cobre. Despois a coñecer os polos positivos e negativos das pilas e dos leds. Unha vez realizado o circuíto completo o led acendeu, iluminando non só o papel senon tamén os ollos das nenas e nenos. Finalmente saber comunicar o que fixeron. Bo traballo!

xoves, 23 de novembro de 2023

Novidades de novembro

 

Este curso, as novidades comezan con temáticas moi diversas:

Abordamos os dereitos con “Teño Dereitos”, lembrándonos que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.

Poemas de Antonio García Teijeiro en “Palabras do mar” sobre os elementos mariños e os sentimentos que estes provocan, “De pombas e bolboretas” repleto de referencias á beleza natural e ao valor da convivencia. E otros autores con “Pompas de cores” e os poemas ó redor do mundo das froitas en “Macedonia de versos”.

Non nos esquecemos das importantes emocións: “Luuume!”, fermosa historia na que un pequeno misto, que sempre está enfadado, aprende a xestionar a frustración e as divertidas historias de “Susana Pillabana”.

A ciencia en “Descubramos o océano” e continuamos subscritos ás revistas Caracola e Reportero Doc.

O prato forte das novidades deste mes é a banda deseñada, con numerosos títulos escollidos seguindo o interese do noso alumnado. Títulos como o manga “One Piece”, as novela gráficas “El club de las canguro”, “Cuando brillan las estrellas”, “Alergia”, “Fantasmas”, “Gravity Falls”.

Escolle a túa lectura favorita na biblioteca de Leo león!

martes, 21 de novembro de 2023

Contrución dunha estación meteorolóxica

O alumnado de sexto, para traballar o tema do clima, creou unha ESTACIÓN METEOROLÓXICA. Por grupos, fixeron os seguintes experimentos: construíron un cataventos, un pluviómetro e un termómetro. Mirade que ben nolo explican.

xoves, 16 de novembro de 2023

Seguridade Viaria na biblioteca.

 Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo unha charla sobre a seguridade viaria. Un membro da garda civil explicoulles cales son as normas básicas de circulación e as consecuencias do seu incumprimento. Desde recomendacións para saír en bicicleta at aos perigos do teléfono móbil ao volante. A charla tamén foi sobre convivencia, cortesía e amabilidade; aplicable tanto á estrada como á vida.

mércores, 15 de novembro de 2023

CLUB DE LECTURA CURSO 23/24

Este mes constituímos diferentes Clubs de Lectura no Feliciano Barrera. En 5º de Educación Primaria, “Os Trogloditas Lectores”, comezan a súa andaina co libro “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, da autora Ledicia Costas e ilustracións de Óscar Villán. Extravaganzza vive cos seus pais nunha casa que semella un zoolóxico. Que será desta nena cando os seus pais marchen a unha expedición secreta? Agárdanos unha lectura moi divertida e chea de peripecias.
En 4º de Educación Primaria, “Os Superlectores Celtas”, estrean o club co libro “A cazadora de estrelas”, da autora María Canosa e ilustracións de Dani Padrón. Xuntos crearemos un neboeiro de luz, xa que Megumi, a protagonista, é unha das mellores cazadoras de estrelas. Desfrutaremos dunha lectura moi agradable con preciosas descripcións.

En 3º de Educación Primaria, “Os Peroxos”, decidiron que o primeiro libro ía ser “Peroxo. Un rapaz de aldea”, do autor Luis Chapela Bermúdez no que percorre con relatos curtos as memorias dos veciños de Berducedo, nados na segunda metade do século pasado.  A ver que nos contan!



sábado, 11 de novembro de 2023

PODCAST TERRORÍFICO: Guláns en ruinas

 O alumnado de sexto, dentro do proxecto de radio, grabou o seu primeiro podcast polo día de Samaín.



https://drive.google.com/file/d/1yOx-yg3Vh9XMIHqnYDAOHMnJA0B8eW85/view?usp=sharing

xoves, 9 de novembro de 2023

venres, 3 de novembro de 2023

luns, 30 de outubro de 2023

Lecturas recomendadas para Samain

 Desde a biblioteca do cole propoñemos unha chea de lecturas terroríficas para amenizar a festividade de Samain



Samaín

Canto sabedes do Samaín?

Conseguiredes pasar tódalas probas?

Non teñades medo!!!

 

Conseguiredes responder agora a tódalas preguntas?

Adiante!!

 

xoves, 26 de outubro de 2023

DigiCraft

 Volve DigiCraft.

Un curso máis, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participa no DigiCraft, programa educativo para o desenvolvemento das competencias dixitais. A súa primeira sesión, conxunta, resultou moi interesante. Traballaron co Chatbot (programa informático) para descubrir un personaxe segredo: Herry Lamarr, enxeñeira brillante qeu inventou a tecnoloxía precursora da wifi e gran actriz, considerada a muller máis bela do cine.

mércores, 18 de outubro de 2023

O Rap de Leo León

 Este é o Rap que garda todas as normas da nosa biblioteca. Atentos, é moi sinxelo



sábado, 14 de outubro de 2023

Danza na biblio.

 STUDIO 57, máis que unha escola de baile.

Este venres tivemos unha actividade marabillosa no cole. Desde os máis pequenos e pequenas de 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria puideron gozar de distintas sesións de baile. Dúas profesoras da Escola Studio 57, de Porriño, achegáronse ao centro para facernos vibrar a ritmo de Danza moderna, Baile Contemporáneo e Ballet. Moitas grazas por un estupendo día!