venres, 30 de outubro de 2026

Outono e Samaín no cole



Durante esta semana, as aulas convertéronse en auténticos obradoiros de arte. 
Con axuda das familias, o alumnado trouxo unha colección espectacular de manualidades e de cabazas: desde os deseños máis tradicionais do Samaín ata creacións orixinais repletas de elementos naturais do outono, pintura  e moita orixinalidade para rematar hoxe coa festa de outono co tradicional magosto e xogos por estacións.
 
Viva o outono! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario