martes, 24 de febreiro de 2026

APADRIÑAMENTO LECTOR

 


Os nenos e as nenas de 6º asumiron unha responsabilidade máis no colexio, coma se tivesen poucas! Aceptaron ser padriños e madriñas lectoras do alumnado de infantil.
O certo é que se tomaron o seu labor moi en serio e fixeron un gran traballo de fomento da lectura.
Na selección de contos foron ao seguro con 4 clásicos cos que fallar resultaba imposible: Cocorico, Corre Corre Cabaciña, A Princesa do Caurel e Paco Papán.
Ademais de contar os contos con graza e entusiasmo, elaboraron murais, maquillaron aos pequenos e pequenas caracterizados das súas personaxes favoritas e impartiron un obradoiro de máscaras.
Parabéns, rapaces e rapazas, por un marabilloso traballo!
En educación infantil esperan con impaciencia a próxima actividade!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario