O calendario di que quedan aínda 24 días para que comece o inverno, pero o noso nariz xeado e o bafo que exhalamos polas mañás so respirar din outra cousa.
En educación infantil sempre esperan con ilusión o inverno porque, nada máis empezar, tráenos o Nadal. Pechan o outono, iso si, cunha preciosa exposición na que toda a nosa familia educativa achegou o seu gran de area.
Moitas grazas a todos e a todas por participar e por acompañar, unha vez máis, aos máis pequenos e pequenas do colexio nas súas aventuras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario