luns, 20 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024


Hoxe o tempo permitiunos ao fin celebrar o Día das Letras Galegas como se merece.
Ademais das actividades realizadas a semana pasada, como o Pasapalabra de Luisa Villalta ou o deseño e elaboración de chapas conmemorativas en Polos Creativos; hoxe engadimos unha Gran Xincana das Letras.
Dez equipos de alumnado mesturado de todas as aulas, liderados por un neno ou nena de 6º de primaria, enfrontáronse a 10 probas relacionadas coa escritora homenaxeada este ano.
Supoño que non fai falta aclarar que todos e todas superaron o reto marabillosamente. É o bo de traballar en equipo!
Ao final, un pequeno premio tradicional: unha buxaina para os nenos e nenas de primaria e ras saltarinas para infantil.
Aínda sabedes facer bailar unha buxaina? Convidámosvos a probar cos vosos nenos e nenas!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario