xoves, 2 de febreiro de 2023

DÍA DE PEREGRINACIÓN

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estiveron o martes en Santiago de Compostela. Como é moi posible que en breve gobernen a nosa comunidade decidiron ir visitar o que será o seu lugar de traballo. No Parlamento Galego unha guía explicoulles as súas principais funcións e estancias e Carmen puido probar como de cómodo resúltalle o asento do presidente. Preguntádelle se a vedes!

Na Xunta explicáronlles algo de suma importancia, cales son as actuais consellerías e como se reparten os cartos entre elas. Estamos ansiosos e ansiosas por que nos expliquen esa parte en concreto.

Como non todo na vida é política, @s nos@s futur@s líderes fixeron unha pausa para comer preto do campus universitario e fixeron o xa tradicional pousado na Praza do Obradoiro.







Ningún comentario:

Publicar un comentario