venres, 18 de novembro de 2022

Escola de MAXIA

Se sodes un dos millóns de seguidores ou seguidoras da saga Harry Potter estades de sorte. En sexto de primaria adoptaron o método Hogwarts e agora somos unha escola de maxia. Os nosos alumnos e alumnas recibiron a súa carta de admisión e atravesaron a plataforma 9 3/4 para formar parte dun proxecto máxico. Celebrada a cerimonia do Chapeu Seleccionador, xa todos e todas saben a que casa pertencen e cales son as súas principais características. Ao longo do curso veremos brillar a valentía dos Gryffindor, a intelixencia dos Ravenclaw, a tenacidade dos Huffelpuff e, por que non, tamén a ambición dos Slytherin. A un capítulo por semana, os nosos xoves meigos e meigas, irán superando retos e probas que relacionarán os contidos das materias con outras actividades máis lúdicas. Informaremos puntualmente dos seus avances nisto da maxia e, se vedes nenos e nenas polo ceo voando nas súas vasoiras, non vos preocupedes, non estades alucinando, seguramente sexa un partido de Quidditch!







Ningún comentario:

Publicar un comentario