Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
luns, 22 de decembro de 2025
NADAL 2025
venres, 19 de decembro de 2025
DECEMBRO: MES DA ALEGRÍA
Rematamos o ano no Feliciano Barrera e na biblioteca de Leo León celebrámolo con ALEGRÍA.
As obras que nos inspiraron foron: Baile no moulin da Galette de Renoir, Baño de Sorolla, Os xirasois de Van Gogh e a escultura de Chong Fa Cheong, Primeira xeración.
O alumnado pensou en cancións que poden bailar no Moulin da Galette, expresou por escrito momentos alegres, debuxaron lembranzas donde sentiron alegría e crearon colectivamente xirasois coma os de Van Gogh.
Con estas tarefas desexámosvos boas festas e vémonos o ano que vén con novas propostas artísticas.
mércores, 17 de decembro de 2025
Teatro radiofónico
Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron formación sobre radio da man de Cristina Collazo.
Despois de realizar diferentes dinámicas os rapaces elaboraron por grupos diferentes creacións posibles para ser emitidas pola radio.
Bo Nadal desde a biblioteca de Leo León!!
Grazas ao alumnado e ás familias polos adornos para a árbore da nosa biblioteca.
martes, 16 de decembro de 2025
Julio Verne e o Club de Lectura de 4º de primaria
Neste trimestre en cuarto de primaria adicamos o tempo de lectura a Julio Verne. Mediante o noso clube de lectura, Os leóns lectores, limos Dous anos de vacacións e Viaxe ao centro da Terra.
Despois de facer comprensión e comentarios sobre as lecturas, elaboramos un mural representando o centro da Terra e unha maqueta da illa de Verne coa análise do libro de personaxes, trama, ubicación etc…
Coa imaxinación e aventuras que nos ofrece Julio Verne pasándolo fenomenal!
Felices lecturas de Nadal!!
O equipo de biblioteca recomenda estes fantásticos libros para toda a comunidade educativa.
Desexámosvos unhas boas e felices festas.
xoves, 11 de decembro de 2025
A ALDEA VELLA
PARABÉNS!!!
sábado, 6 de decembro de 2025
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
venres, 5 de decembro de 2025
VISITA A DIVERSA
Resultou unha experiencia moi completa. No obradoiro STEAM e de sostibilidade "Universo Diverso" os nenos e as nenas crearon a súas propias criaturas fantásticas e secáronas cun simpático sistema de ventiladores que tiñan que montar e conectar.
A visita á exposición foi preciosa. Entre outras, recibimos tres chaves fundamentais na vida: a da natureza, a da imaxinación e a da diversidade. É posible que algún futuro ilustrador ou ilustradora atopase inspiración este día.
Por último, lembrade que estivemos en Vigo polo Nadal. É posible que non vísemos os doce millóns de leds, pero podo asegurarvos que vimos uns cuantos miles.
Por sorte, a choiva respectou o noso paseo pola rúa do Príncipe e a Porta do Sol e puidemos percibir con toda claridade que se achega o Nadal!!!
mércores, 3 de decembro de 2025
NOVEMBRO: MES DA TRISTEZA
Xa queda atrás o mes de NOVEMBRO dedicado á emoción da TRISTEZA.
As obras de arte propostas desde a biblioteca foron o vello guitarrista cego e O asceta de Picasso, A habitación en Arlés de Van Gogh e a escultura de Les Voyageurs de Bruno Catalano.
O alumnado elaborou y diferentes traballos de expresión escrita, imaxinación, observación e creatividade. Así de bonito quedou o panel colaborativo do mes de novembro.
Comenzamos decembro e con el a ALEGRÍA!
VOLVE A CASA POLO NADAL



