Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
venres, 28 de novembro de 2025
SEGREDOS
TertArte decembro
Aquí vai a pregunta para este mes.
Xa sabedes a resposta? Pois deixádea na caixa de correo de Leo León.
xoves, 27 de novembro de 2025
Actividade do 25N na biblioteca escolar: flores que alzan a voz, A FLOR DO BO TRATO.
Este 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a Muller, a nosa biblioteca convertiuse nun espazo de reflexión, lectura e creación para todo alumnado do Centro a través dos libros, das palabras e o traballo cooperativo.
Propuxemos as seguintes lecturas por ciclos sobre a igualdade e convivencia: Nos tratamos bien de Lucía Serrano, Rosa Caramelo e Artur e Clementina de Adela Turín, Hai algo máis aburrido que ser unha princesa Rosa? De Raquel Díaz e O libro dos porcos de Anthony Browne.
Despois da lectura abriuse o diálogo sobre o significado de respeto, a igualdade ou os coidados. De seguido, cada grupo decidiu cinco frases sobre o traballado e escribíronse nunha man. Non era unha man calquera, senón que esas mans convertiríanse en pétalos para formar a nosa flor do bo trato.
Con esta actividade buscamos fomentar valores de respeto, igualdade e exemplos de bo trato desde as idades máis temperás.
Expositor na biblioteca sobre o 25 N
Como é habitual todos os anos, na biblioteca de Leo León fixemos unha selección dos contos que mellor tratan este tema.
OUTONO EN FAMILIA
mércores, 26 de novembro de 2025
25N: QUE PRECISAS PARA VOAR?
martes, 25 de novembro de 2025
UN DORMITORIO EN ARLÉS
mércores, 19 de novembro de 2025
PLENO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA
xoves, 13 de novembro de 2025
ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE. FORMACIÓN PARA FAMILIAS. ENAPAS.
sábado, 8 de novembro de 2025
FAMILIAS NA ESCOLA: LÍAN
xoves, 6 de novembro de 2025
MARTES DE MUSEO
PLENO INFANTIL NO CONCELLO DE PONTEAREAS
mércores, 5 de novembro de 2025
AS EMOCIÓNS NAS ARTES
luns, 3 de novembro de 2025
VISITA A BOMBEIROS E POLICÍA



.jpeg)








