mércores, 12 de marzo de 2025

Máscaras con só 2 elementos



Polo Entroido estivemos facendo un traballo algo distinto na nosa aula.

A profe deunos só xornais e grampas e pediunos que fixeramos unhas máscaras en corenta minutos. Sen empregar ningún outro material.

Recomendámosvos probar este reto tan divertido, pasámolo xenial.



Canción de Momosan


Esta é a letra dunha canción que sae no libro "Momo", que rematamos de ler xa hai un tempo en 12 Estrelas Club de Lectura.

No libro aparece a letra da canción e entre todos compuxemos o ritmo e a música.
Momo emprega esta canción para derrotar a un monstro mariño imaxinario chamado Xum Xum Gomalasticum.

sábado, 8 de marzo de 2025

ENTROIDO EN GULÁNS

 


Un Entroido máis na casa, desfilando pola contorna do colexio e compartindo o xantar coas familias, veciños e veciñas que quixeron acompañarnos.
Este curso o tema estaba claro desde o principio. Se o proxecto anual son as artes escénicas, de que outra cousa iamos disfrazarnos? Personaxes clásicos do circo; pallasos; titiriteiros e titiriteiras cos seus monicreques; magos e magas; mimos... Hoxe vivimos mil entroidos nun e non poderiamos facelo sen vós.
Grazas á ANPA por organizar o xantar e ás familias que achegaron doces, froitas e outros alimentos. 
Grazas a todos e todas os que vos achegastes a vernos e tamén aos que vos gustaría estar. 
Por último, unha mención e agradecemento especial para as familias que veñen disfrazadas. Aos nenos e nenas failles moitísima ilusión a vosa participación. 
Viva o Entroido!!!

A ÁRBORES DAS EMOCIÓNS

 

 

Como xa sabedes, este curso estreamos novos programas no Feliciano Barrera. Hoxe querémosvos lembrar o PIE (Proxectos de Inclusión Educativa), concretamente, a nosa liña de Promoción do Benestar Emocional.
Un eixo importante deste proxecto é a elaboración de diarios emocionais. Con eles procuramos que o alumnado faga un exercicio de introspección e sexa consciente do seu propio estado emocional. En cada clase fan este traballo de forma diferente: oral, por escrito, nun calendario...
En terceiro de primaria son moi orixinais e o seu diario emocional ten forma de árbore. Cada folla representa un día da súa vida que colorean segundo as súas emocións.
Preciosa metáfora do paso do tempo e dos cambios que se van producindo en nós!