Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
martes, 5 de novembro de 2024
GRANDES BIOGRAFÍAS
FESTAS DE OUTONO
martes, 29 de outubro de 2024
Noticias breves
En 6º fixemos uns poemas para o concurso de poesía ANOMAR coa técnica de corte e
logo, por grupos, mellorámolos. Estes días saberemos quen gañou o concurso de
poesía.
Que nervios!
Mochilas viaxeiras:
O día internacional das bibliotecas escolares, os axudantes de biblioteca entregamos as
mochilas viaxeiras e aos máis pequenos presentámoslles a leo león e logo mostrámoslles as normas da biblioteca a través dun rap que compuxemos nós mesmos.
Galicia sabe a mar:
O día 23 viñeron uns rapaces que nos deron a probar produtos galegos un pouco
distintos, como os mexillóns con galleta mariñeira e unha salsa de fabas da Lourenzá.
A uns gustounos máis que a outros ... pero o importante e probar.
PRESENTACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DE PONTEAREAS
Alí coñecemos a Susana Lamela e a Juan Abalde, que nos falaron dos seus libros, de como é ser escritor ... e responderon a moitas das nosas preguntas.
No noso cole temos catro clubs de lectura:
- En 6º “12 estrelas club de lectura”.
- En 5º “Lendo a todas horas”.
- En 4º “Os leolectores”.
- En 3º “Os leóns lectores”.
Estamos desexando comezar a compartir as nosas lecturas!
O NOSO LOGO
Por fin conseguimos decidir o logo que nos representa.
Este logo é moi importante para nós, custounos moito facelo.
Este logo represéntanos porque aparece un precipicio, o cal simboliza o risco que corremos ao facer unha compañía de ópera.
Tamén aparecen todos os nosos nomes ao redor do logo.
Ten 12 estrelas no ceo, que simbolizan o alto que podemos chegar.
Todo o que podedes ver no logo significa algo para nós.
luns, 28 de outubro de 2024
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
xoves, 24 de outubro de 2024
Dia das bibliotecas escolares; entrega de mochilas viaxeiras
Hoxe celebramos o día das bibliotecas escolares. Todo o alumnado e todo o profesorado reuniuse na biblioteca para celebrar este día.
Durante esta celebración coñecemos mellor aos axudantes da biblioteca e as súas innumerables tarefas. Ademais, lembráronnos cantando un Rap as principais normas que deben cumprir tódolos usuarios da biblioteca. Fixérono fenomenal, como todo o seu traballo feitoo ata agora.
Por último, os axudantes repartiron as anheladas mochilas viaxeiras a tódolos niveis do cole.
venres, 18 de outubro de 2024
Preparación do pleno infantil
DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE A PARADA CARDÍACA
Concurso de ciberseguridade
luns, 14 de outubro de 2024
A biblioteca de Leo León xa está en marcha!!!
Este curso abre a biblioteca con moitas novidades: chan novo, xoguetes novos, axundantes novos, zona de infantil nova... en moitas cousas máis que iredes descubrindo ao longo do curso.
Neste video podedes ver o bonita que quedou a biblioteca despois das reformas e como disfrutan os nenos e nenas durante os recreos.
xoves, 10 de outubro de 2024
12 Estrelas Compañía de Ópera
mércores, 9 de outubro de 2024
WELCOME TO GULÁNS, LAUREN!
sábado, 5 de outubro de 2024
Os novos axudantes da biblioteca
Durante o mes de setembro, os nenos e nenas de 6º, acudiron durante algúns recreos á biblioteca para aprender o manexo do programa Meiga de préstamos e devolucións e para coñecer máis sobre a colocación e distribución de libros, xogos e diferentes materiais que fan da nosa biblioteca un sitio máxico.
Xa están preparados para todo o que precise a biblioteca e os seus usuarios. Eles aconsellarannos sobre diferentes lecturas, xogos, realizarán os préstamos e devolucións dos libros e contos e lembrarannos como debemos comportarnos na biblioteca do cole.
venres, 4 de outubro de 2024
FESTIVAL EN CATRO ACTOS
![]() |