![]() |
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
![]() |
O Club de lectura de 4º de Primaria traballaron o conto "A viaxe do vikingo soñador" de Ana Merino, Descubriron unha sorprendente viaxe cara o lugar onde habitan as respostas e onde se esconde o verdadeiro amor. Unha delicia de poema épico que é como unha historia, en verso, cheo de aventuras e personaxes. Pareceulles precioso e quixeron facer unha banda deseñada, en galego, do conto.
Dende Biblioteca creativa, o alumnado de 6º, realizaron os antifaces coa técnica do circuíto eléctrico téxtil, usando fío condutor, pilas e Leds, para integrar a tecnoloxía, coa técnica tradicional, en tecidos. Un xeito divertido de entender a electricidade.
Dentro do programa Biblioteca Creativa; o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria gozou dunha actividade moi especial: un obradoiro de lettering.
O lettering é algo máis que caligrafía, é unha disciplina artística máis próxima ao debuxo que á escritura.
Os seus beneficios para nenos e nenas son múltiples: fomenta a creatividade e concentración; reduce o estrés; mellora a escritura e ofrece un espazo para a expresión de emocións e sentimentos.
Da man de Gabi (@gabi.pastoriza) e Ana, de Studio 57 (@studio57escueladebaile), a experiencia non puido ser mellor. Moitísimas grazas por ofrecernos unha mañá tan artística e divertida!
Hoxe fixemos a nosa xa clásica actividade :"libros ao patio" para seguir celebrando a semana do libro.
Todo o alumnado participou nela e gozaron lendo, no patio na hora de lectura, sós ou en compañía.
Hoxe era un día moi especial: O día do libro. Desde a blbioteca celebrámolo cunha actividade moi bonita na que participaron todos os alumnos e alumnas do cole: Os apadriñamentos.
Os alumnos e alumnas de 6º, 5º, 4º e 3º foron nomeados padriños e madriñas dun neno ou nena de 2ºe 1ºde primaria e 4º, 5º e 6º de infantil que a súa vez serían os seus afillados e afilladas.
Madriñas e padriños acudiron á cita cun pequeno agasallo para os seus afillados e buscaron entre as 3 caixas preparadas polos axudantes de bilbioteca, un conto para ler durante a hora de lectura.
A actividade foi entrañable.