O 28 de maio, chamáronnos de Si Radio para facer una entrevista. Deixámosvos o enlace da entrevista por si queredes escoitala.
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
venres, 30 de maio de 2025
xoves, 29 de maio de 2025
Saída Ó Grove de Infantil
O pasado martes 27 de maio saímos de excursión todo o cole e aquí vos deixamos unha mostriña do ben que o pasamos cos nosos amigos e amigas do cole de Guláns
clic aquíPRANTAS, CARACOIS E UN CHISQUIÑO MÁIS...
Nesta ocasión deixamos unha mostriña do que está a acontecer estes días polas aulas de infantil....
luns, 26 de maio de 2025
O cancioneiro de Guláns nas letras galegas
Este ano, o día das letras celebráronse ao grande na casa cultural da Avisoureira, onde puidemos gozar de 4 obras de teatro representadas polo alumnado de 3º e 4º de primaria, ademais de disfrutar moito coa copla "Río verde" interpretada por 5ª de primaria.
Ademais, os nenos e nenas de primaria, durante 3 días, na hora de lectura, cantaron as coplas recompiladas por eles mesmos coa axuda das súas familias para crear "O Cancioneiro de Guláns"
sábado, 24 de maio de 2025
TAREFA FINAL DE PATAS AMIGAS
Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.
mércores, 21 de maio de 2025
PATAS AMIGAS: KITBULL
KITBULL: unha historia de amizade, loita e esperanza.
Na aula de 2º de Primaria tivemos a sorte de visualizar a emocionante curtametraxe Kitbull, unha creación de Pixar que, a través da animación, toca temas tan profundos como a amizade verdadeira, o maltrato animal e a importancia de dar unha segunda oportunidade aos animais abandonados.
A historia céntrase nun pequeno gatiño rueiro, desconfiado e independente, que vive nun vertedoiro, e un pitbull que sofre malos tratos e permanece encadeado nun patio, só e sen liberdade. A primeira vista, semella imposible que entre eles poida nacer unha relación de amizade, pero pouco a pouco, a través de situacións difíciles e cheas de emoción, van construíndo un vínculo baseado no respecto, na axuda mutua e no cariño.
Durante a visualización traballamos varios obxectivos fundamentais:
1- Identificamos as necesidades básicas dos animais de compañía: alimentación, cariño, atención veterinaria, liberdade de movemento e compañía.
2- Reflexionamos sobre o que significa o abandono animal e as duras consecuencias que ten para os que o sofren.
3- Sensibilizámonos sobre a importancia de coidar o medio ambiente e respectar os dereitos dos animais.
4- Analizamos o papel que xogamos nós, como nenos e nenas, na loita contra o maltrato animal, a través da empatía, o coidado e a educación.
No conflito da historia, o gatiño ve como o pitbull sofre unha agresión do seu dono. Esa situación convérteo no heroe inesperado: perde o medo e achegase a axudar. Xuntos deciden escapar desa vida de sufrimento e atopar un novo comezo. Tras unha noite á intemperie, durmindo un xunto ao outro, son finalmente acollidos por unha persoa que lles ofrece un fogar verdadeiro e cheo de amor.
Se ti tamén queres coñecer esta marabillosa historia, podes ver a curtametraxe completa a través desta ligazón: Kitbull - Pixar (YouTube)
Despois do visionado, abrimos un espazo de diálogo onde reflexionamos sobre como podemos axudar aos animais abandonados. Algunhas propostas que xurdiron foron:
- Adoptar en lugar de mercar.
- Non abandonar nunca a un animal de compañía, porque eles tamén senten.
- Apoiar os refuxios e protectoras da nosa contorna.
- Denunciar situacións de maltrato animal.
- Educar desde pequenos no respecto e o coidado dos seres vivos.
Finalmente, elaboramos un mural colaborativo coas nosas investigacións sobre os recursos que existen para axudar aos animais sen fogar e recollimos acordos e ideas que nos comprometen a ser máis responsables e solidarios cos animais.
Kitbull fíxonos rir, emocionarnos e, sobre todo, pensar. Porque unha historia contada con debuxos tamén pode cambiar miradas e sementar conciencia.
Aquí tedes unha mostrar do noso traballo:
luns, 19 de maio de 2025
A Verdade Detrás Dun Neno
Xa chegou o gran momento!!
Despois dun curso traballando duro neste proxecto, 12 Estrelas Compañía de Ópera convídavos por fin á súa gran estrea " A Verdade Detrás Dun Neno".
Estamos moi emocionados e á vez nerviosos polo que poida pasar enriba do escenario.
Esperámosvos!!!
venres, 16 de maio de 2025
Tradición oral
As nenas e nenos de 6º fixemos un traballo de composición musical con algunhas das coplas que recollemos alá polo día da lingua materna.
Esperamos que vos gusten.
xoves, 15 de maio de 2025
SAÍDA POLOS MUÍÑOS DA CONTORNA
A finais do mes de abril puidemos gozar dun marabilloso día de excursión polos muíños de Guláns e tivemos a sorte da nosa parte, pois Pedro, o papa de Martiño puido acompañarnos e Alberto puido axudarnos a ver como funciona un muiño de verdade, con millo e todo!
Moitisimas grazas pola vosa axuda e colaboración!
PATAS AMIGAS: A VIDA SECRETA DAS TÚAS MASCOTAS
A VIDA SECRETA DAS TÚAS MASCOTAS
Traballaremos co tráiler da película A VIDA SECRETA DAS TÚAS MASCOTAS.
hhps://youtu.be/imqzsiXcxdg?feature=sharedh ps://youtu.be/imqzsiXcxdg?feature=sha red
A película ambientarase nun apartamento de Manhahan, onde as mascotas reúnense tras a marcha dos seus donos para contar humillantes historias sobre eles e dar e recibir consellos sobre como ser máis adorables. O líder deles é un Fox Terrier que ve ameazada a súa posición de privilexio pola chegada dun can mes zo. A súa rivalidade levaraos a acabar nas duras rúas de Nova York, onde se atoparán cun aparentemente adorable coello que en realidade é o líder dun exército de mascotas abandonadas que xurou vingarse. Visualizamos o tráiler (dura unicamente 2 minutos).
Comentaremos a continuación a nivel oral, para posteriormente realizar unhas actividades escritas para traballar os seguintes obxectivos:
• Identificar as necesidades básicas dun animal de compañía.
• Concienciar os nenos/as sobre a protección do medio ambiente e o respecto aos dereitos dos animais.
PREGUNTAS PARA TRABALLAR A PARTE ORAL:
• Quen pode explicar que é unha mascota?
• Que crees que fan as mascotas a maior parte do tempo cando non estás na casa?
• Cantas horas adoitan pasar moitas mascotas soas en casa? • Como crees que senten durante ese tempo?
• Alguén pode contar algunha «trasnada» que fixese a súa mascota mintas non había ninguén en casa. • Por que crees que a xente quere ter mascotas?
• Crees que choran os animais? Investiga como chora un gato ou un can cando o abandonan e cóntanolo mañá.
• Este Tráiler empeza cunha ironía, estaría ben falarlle aos nenos do que significa e situacións nas que facemos ironías. Despois de traballar a parte oral do vídeo, traballaremos unha ficha escrita que require que o alumnado lembre algunhas das cousas vistas polo que deben prester moita atención.
Finalmente, o alumando elaborará un pequeno guión para representar con títeres de dedo
mércores, 14 de maio de 2025
FAMILIAS DE INFANTIL NA ESCOLA
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo amosando algunhas das familias que participan no día a día da nosa aula. Coma sempre é un pracer contar con vós.
Os nenos, nenas e profes dámosvos as GRAZAS!
luns, 12 de maio de 2025
"As voces de Guláns"
Este ano para conmemorar o día da muller e a semana da prensa, fixemos entre todos os nenos e nenas do cole un xornal, cun montón de seccións.
- A editorial foi escrita polo alumnado de 6º de primaria.
- A sección de política polos nenos e nenas de 5º de primaria.
- Unha sección dedicada ás mulleres que cambiaron o mundo, escrita por 3º de primaria.
- Os nenos e nenas de 4º investigaron sobre as mulleres emprendedoras.
- A sección de deportes foi redactada polos nenos e nenas de 2º de primaria.
- Os divertidos pasatempos foron deseñados por 1º de primaria.
- E por último, cun traballo extraordinario, os nenos e nenas de infantil fixeron unha entrevista á profe Neli.
Desde a redacción deste xornal damos a noraboa a todos os nenos e nenas polo gran traballo e ao profesorado por facelo posible.