domingo, 17 de maio de 2020

Facemos unha colaxe

Os nenos/as de 4º de primaria, realizaron unha preciosa colaxe e non perderon a oportunidade de volo ensinar. Ademais é unha boa oportunidade para ver o ben que están eles/as.

martes, 12 de maio de 2020

Día do Libro en Educación Infantil.

Os pequenos e pequenas de Educación Infantil non quixeron deixar pasar este Día do Libro sen compartir con nós as súas lecturas. Que ben o fan!

martes, 28 de abril de 2020

luns, 9 de marzo de 2020

Aimee, unha muller e unha historia marabillosa! Thank you!

Non temos palabras para describirmos o que nós sentimos despois de escuitar a historia da nosa querida Auxiliar de Conversa, Aimee.

Vietnamita de nacemento, tivo que emigrar e ser unha refuxiada por mor da guerra do seu país. Estivo durante anos pendente dun bunker que construíu seu pai na súa casa para protexerse das bombas e da barbarie.

Estudou, estudou e estudou e logrou o seu soño: enxeñeira, respectada por homes e mulleres, presidenta dunha fundación-ONG "Vietnam Fundation" que mellora as condicións de vida dos nenos e nenas do Vietnam.

Muller libre!

Todo iso e máis nos amosou hoxe nunha charla inesquecíbel.

Thank you for all, Aimee, you´re also the future!

Novidades do mes do Marzo na biblioteca do cole

domingo, 8 de marzo de 2020

Novas de Nepal




Esta semana chegaron cartas dos nosos amigos e amigas de Nepal. É moi emocionante recibir correo postal, e máis se ven dende tan lonxe. Tamén é unha boa oportunidade para practicar o noso inglés. Agora, toca traballar nas nosas cartas de resposta!
           

Club de lectura





Este xoves as nenas e nenos de 5º de Educación Primaria reuníronse na biblioteca para desenvolver unha das sesións programadas do Club de Lectura. Están lendo o libro “O que nunca che contaron”, de María Canosa. Compoñen o libro seis historias co denominador común da maxia e da ilusión. Xa nos contarán que lles pareceu!






Día da muller


A biblioteca do CEIP Feliciano Barrera xa está preparada para ofrecer ós nenos e nenas documentación relacionada co día da muller e con grandes heroínas ó longo da historia. Durante toda a semana levaremos a cabo diferentes actividades. Estade atent@s!

Nova xornada de deporte escolar

luns, 2 de marzo de 2020

O CEIP Feliciano Barerra reforesta San Cibrán

O pasado venres, 28 de febreiro, o alumnado do noso colexio participou na reforestación do monte de San Cibrán. Plantamos carballos e nogueiras. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre a riqueza e a importancia dos montes e de mantelos en bo estado.

domingo, 1 de marzo de 2020

Taballo de investigación sobre o reino animal

Os nenos de 3º fixeron a clasificación do reino animal. Foi un traballo por equipos e empregaron a biblioteca para a investigación (libros, ordenadores e tablets)





xoves, 20 de febreiro de 2020

Entrega de premios concurso de poemas "Día de Rosalía de Rosalía 2020"

A concellería de Cultura entregou os premios do concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”

Kirk Groba Lefevre, da nosa escola, é un dos gañadores


A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, entregou no auditorio municipal os premios do II concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”, enmarcados na programación dos actos e actividades con motivo do mes da ilustre escritora Rosalía de Castro.
Os centros educativos de Ponteareas participaron, un ano máis, neste concurso que pón en valor a figura da pensadora e poetisa galega e promove o coñecemento das e dos nosos persoeiros símbolo de defensa do pobo galego e da nosa lingua.
Na categoría de primaria o traballo gañador foi “Amencer” do alumnado de 5ºB do CEIP Fermín Bouza Brey , o segundo premio foi para Paula Soto Pousa e o terceiro premio para Carla Pérez Carnero. Kirt Groba gañou o accésit.
Na categoría de secundaria a gañadora foi Carla Avalle Penabella, quedando segunda Ariadna Iglesias Martínez e terceira Rebeca Soto Márquez. Obtendo o accésit Lúa Alonso Carrera.