venres, 16 de xuño de 2017

Exposición de 4º de primaria: Des-a-fío 4º, a moda de Galicia


Este proxecto consiste nun percorrido pola historia da moda galega dende a prehistoria ata os nosos días, dende a primeira agulla de óso, atopada na cova Eirós en Lugo, ata unha tablet de Inditex.
Aquí tedes a súa exposición. Moi completa.



DES-A-FÍO 4º A MODA DE GALICIA from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

xoves, 15 de xuño de 2017

Exposición de 4º de E.I.: Os porcos en Galicia

Os nenos de 3 anos gravaron una película onde  nos explican todo o que aprenderon neste proxecto.
Foi para eles una bonita experiencia



 

PROXECTO PORCOS from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

mércores, 14 de xuño de 2017

Exposición de 6º de E.I.: "O mel e as abellas"


Este proxecto resultou ser moi motivador e aos cativos/as encantoulles e ademais aprenderon un
montón de cousas. Aquí tedes un pequeno vídeo da súa exposición na biblioteca. Fixérono moi ben



AS ABELLAS from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

martes, 13 de xuño de 2017

Exposición 1º de primaria: "os animais vertebrados de Galicia"


Partindo do que os nenos sabían dos animais, comezaron a recompilar información dos libros da
biblioteca sobre o tema (que son moitísimos), de internet, das súas propias casas, ... e comezaron a entender o que era clasificar, os distintos xeitos de clasificar aos animais, cales son os animais que podemos atopar en Galicia, ...
Esta é a súa exposición. Xenial.


OS ANIMAIS VERTEBRADOS EN GALICIA from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

luns, 12 de xuño de 2017

EXPOSICIÓNS DO PROXECTO "GALICIA" PROMOVIDO POLA BIBLIOTECA DO COLE

Comezan as exposicións dos proxectos relacionados con Galicia baixo a coordinación da biblioteca do centro. As exposicións realízanse na biblioteca do centro e a estas asisten todos os alumnos e profesores do centro.