martes, 31 de maio de 2016

Novidades


E xa podedes vir a ver todas as novidades que trouxo Leo León á biblioteca.



Hai cousas moi interesantes...vinde a curiosear!




venres, 27 de maio de 2016

Despedida Jackie

Hoxe quixemos facerlle unha pequena despedida a Jackie polo todo o seu traballo e especialmente polo seu cariño, sorriso e sempre bo corazón.
Botarémoste de menos, pero estamos cruzando forte os dedos para que podamos compartir moitos bos momentos o vindeiro curso. We are going to MISS YOU!!!

                                                                     Bye Jackie!





SEE YOU SOON!!


xoves, 26 de maio de 2016

Lectura en inglés


Este ano tivemos a sorte de contar con Jackie, auxiliar de conversa en lingua inglesa. Polo tanto, os venres na hora de lectura (en 1º, 2º e 3º) aproveitamos para ler moitos libros en inglés. Que ben o pasamos!!



martes, 24 de maio de 2016

O gran xogo das letras galegas

O pasado venres fixemos o gran xogo das letras galegas, este ano adicado a 
MANUEL MARÍA.

Aquí tedes o video coas fotos para que vexades o ben que o pasamos.



xoves, 19 de maio de 2016

Cine na biblioteca


Con motivo da celebración das letras galegas, hoxe na biblioteca proxectamos O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN baseada na obra O soño dunha noite de verán de W. Shakespeare.
Gustouvos?



luns, 16 de maio de 2016

Contacontos Letras Galegas 2016

O pasado venres tivemos a sorte de escoitar os contos solidarios de Anxo Moure. Contos sobre a terra e as persoas que habitan nela. Que ben o pasamos!!!


mércores, 11 de maio de 2016

martes, 3 de maio de 2016

I love ENGLISH JUNIOR MAGAZINE

Un ano máis, despois de escribir á revista I LOVE ENGLISH JUNIOR, publicáronnos a carta de DANIELA.

Congratulations DANIELA!!!