venres, 26 de abril de 2013

LECTURA POR PARELLAS

Onte saímos ao patio e os maiores leron un conto aos  pequenos.Que contentos quedaron! E que ben o fixeron !







martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Estos días cada curso inventou un poema. E hoxe para festexar O DÍA DO LIBRO, fomos a biblioteca e cada un leu o seu. Entre todos o poemas fixemos un libro. Agora pasa a formar parte da biblioteca do cole. Que contento está Leo León!



venres, 19 de abril de 2013

Lectura no patio

Ola !
Como xa sabedes o día 23 de abril é o "Día do Libro" e, para comezar a festexalo,  hoxe fixemos a lectura no patio...Para a semana que vén haberá máis sorpresas...





Mochilas viaxeiras

Unha semana máis aquí están os debuxos e comentarios das mochilas... 


 

xoves, 18 de abril de 2013

CONTACONTOS EN INGLÉS

O martes 16 de abril, Greta and Lena, viñeron ao noso cole a contarnos un precioso conto en inglés. Estivo xenial e o entendimos todo!!




Thank you so much, Greta and Lena!!!

martes, 16 de abril de 2013

EXCURSIÓN A MONDARIZ

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos de excursión a  Mondariz e Vilasobroso.Que ben o pasamos! Foi un día marabilloso!!





PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Os alumnos de 2º de EP estivemos traballando sobre "os alimentos" .Trouxemos da casa envases baleiros de distintos alimentos, bolsas, caixas, botellas,publicidade do supermercado...
Con todos eles fixemos unha pirámide de alimentos no patio.  Ao rematar tiramos todo no lixo fixándonos moi ben na cor dos colectores para reciclar. E tamén comprobamos que por fin chegou a primavera.... Pasámolo xenial!








venres, 12 de abril de 2013

xoves, 11 de abril de 2013

Mes de abril


Estou moi emocionado porque este mes teño preparadas unha chea de actividades no cole e sobre todo, na nosa biblioteca:


- Contacontos
- Excursións
- e moitas outras sorpresas...

Seguide visitando o blog para saber máis e non vos esquezades de visitarme na biblioteca!!


luns, 8 de abril de 2013

Mochilas Viaxeiras

E aquí están os novos comentarios e debuxos das mochilas viaxeiras. Que bonitos!!!

 









Pica nas imaxes para velas máis grandes!





martes, 2 de abril de 2013

Día Internacional do libro infantil 2013


2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 

Dende 1987, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Cada ano un país elixe o tema e selecciona un autor ou autora importante do país para que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas e un ilustrador ou ilustradora para que deseñe o cartel.
Este ano a autora do poema é a mexicana Pat Mora e da traducción ao galego encargouse Concha Blanco.


MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco


O ilustrador estadounidense Ashley Bryan foi o encargado de deseñar o cartel: