luns, 9 de decembro de 2013

domingo, 1 de decembro de 2013

sábado, 30 de novembro de 2013

venres, 22 de novembro de 2013

MAGOSTO

Ola a todos e todas! queredes ver  que divertido foi o noso magosto? aquí podedes ver unhas fotos do ben   que o pasamos cos xogos que  fixemos e  comendo as castañas...Mmmmmm





xoves, 21 de novembro de 2013

SEMANA DA CIENCIA


Leo León está feliz este ano co seu novo curruncho adicado a ciencia e natureza. Mirade a exposición que fixemos sobre a semana da ciencia....


martes, 12 de novembro de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola! querémosvos ensinar como festexamos o día das bibliotecas no cole! Aos nenos e nenas encantoulles facerse unha foto con Leo León e gustoulles moito o marcapáxinas de regalo...



luns, 11 de novembro de 2013

domingo, 10 de novembro de 2013

Exposición Irlanda dos nenos de 1º

Este ano entre todos os cursos ímos a facer un proxecto " oito meses, oito países".Comezaron expoñendo os nenos de 1º e tocoulles Irlanda....Fixérono moi ben!!!



SAMAÍN


Un ano máis festexamos o Samaín no cole , pasámolo moi ben....








sábado, 26 de outubro de 2013

Visita á bodega da avoa de Carla, Carmen

Como estabamos moi interesados co tema da vendima, pedímoslle a avoa de Carla, Carmen,  se nos deixaba visitar a súa bodega e nos explicaba un pouco máis do tema. A visita estivo moi interesante e ademais foi moi amable con nós, moitas grazas Carmen!!







Exposición da vendima

Leo León está feliz coa decoración que tivo na biblioteca este mes xa que estivemos traballando sobre  " a vendima "...Mirade que bonita exposición ! Noraboa a todos !!



venres, 25 de outubro de 2013

Samaín

Aquí vos queda a canción do Samaín que estivemos aprendendo na clase de música.
Nos esquezades facer a coreografía que practicamos.

mércores, 16 de outubro de 2013

domingo, 7 de xullo de 2013

festival fin de curso

Ola a todos!! con este vídeo do festival de fin de curso pechamos o blog ata o curso que ven!

Pasade bo verán, descansade moito que o merecedes ! Bicos a todos e todas . Leo León.



venres, 28 de xuño de 2013

xoves, 27 de xuño de 2013

martes, 4 de xuño de 2013

HORA DE LECTURA 1º E 2 º NO PATIO



Os venres pasado os nenos de 1º e 2º, na hora de lectura ,quedamos no patio gozando do bo día, do sol e da calor. Esperemos que quede o bo tempo con nós!



venres, 31 de maio de 2013

EXPERIMENTOS DE 2º

Os nenos de 2º estivemos facendo experimentos para medir líquidos con diferentes recipientes...Medimos, comprobamos, comparamos...
Ao rematar, coa auga que sobraba estivemos regando, porque entendemos o importante que é a auga e utilizala ben e  non malgastala. Por último as botellas de plástico  tirámolas no colector...AMARELO!

A VER SE VOS GUSTA!





martes, 28 de maio de 2013

Exposición antigüidades


Ola a todos!Estou moi contento porque os nenos de 4º e a profe Ángeles fixeron unha exposición moi bonita na biblioteca. Esta vez o tema eran "as antigüidades".Xa  veredes que interesante. Ata pronto! Leo León.








venres, 24 de maio de 2013

Trouble in the jungle Book

E por fin xa temos dispoñible na biblioteca do colexio o libro feito polos alumnos de 6º de infantil, 1º-2º-3º e 4º de primaria sobre o contacontos " Trouble in the Jungle" que viu ao noso cole.



Podedes ver este precioso libro na nosa biblioteca!!
Un saúdo de Leo León que vos espera...

xoves, 23 de maio de 2013

Día do libro

O 23 de abril fixemos un libro de poesías entre todos os alumn@s do colexio para conmemorar o DÍA DO LIBRO.

E aquí está o resultado....




Pres día do libro from belengc7


Gústavos???
Tamén podedes velo na nosa biblioteca!!!

mércores, 15 de maio de 2013

O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS


Como todos os anos festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Roberto Vidal Bolaño.Organizamos uns xogos moi divertidos con preguntas e pistas sobre el. Todos os alumnos e alumnas o  pasaron moi ben e esforzáronse moito.Noraboa a todos!! 



luns, 6 de maio de 2013

Un conto de piratas...


Os alumnos e alumnas  de 4º  inventamos un conto e logo o interpretamos para todos os nenos e nenas do cole. Estivo xenial!





venres, 3 de maio de 2013

venres, 26 de abril de 2013

LECTURA POR PARELLAS

Onte saímos ao patio e os maiores leron un conto aos  pequenos.Que contentos quedaron! E que ben o fixeron !







martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Estos días cada curso inventou un poema. E hoxe para festexar O DÍA DO LIBRO, fomos a biblioteca e cada un leu o seu. Entre todos o poemas fixemos un libro. Agora pasa a formar parte da biblioteca do cole. Que contento está Leo León!



venres, 19 de abril de 2013

Lectura no patio

Ola !
Como xa sabedes o día 23 de abril é o "Día do Libro" e, para comezar a festexalo,  hoxe fixemos a lectura no patio...Para a semana que vén haberá máis sorpresas...





Mochilas viaxeiras

Unha semana máis aquí están os debuxos e comentarios das mochilas... 


 

xoves, 18 de abril de 2013

CONTACONTOS EN INGLÉS

O martes 16 de abril, Greta and Lena, viñeron ao noso cole a contarnos un precioso conto en inglés. Estivo xenial e o entendimos todo!!




Thank you so much, Greta and Lena!!!

martes, 16 de abril de 2013

EXCURSIÓN A MONDARIZ

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos de excursión a  Mondariz e Vilasobroso.Que ben o pasamos! Foi un día marabilloso!!





PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Os alumnos de 2º de EP estivemos traballando sobre "os alimentos" .Trouxemos da casa envases baleiros de distintos alimentos, bolsas, caixas, botellas,publicidade do supermercado...
Con todos eles fixemos unha pirámide de alimentos no patio.  Ao rematar tiramos todo no lixo fixándonos moi ben na cor dos colectores para reciclar. E tamén comprobamos que por fin chegou a primavera.... Pasámolo xenial!








venres, 12 de abril de 2013

xoves, 11 de abril de 2013

Mes de abril


Estou moi emocionado porque este mes teño preparadas unha chea de actividades no cole e sobre todo, na nosa biblioteca:


- Contacontos
- Excursións
- e moitas outras sorpresas...

Seguide visitando o blog para saber máis e non vos esquezades de visitarme na biblioteca!!


luns, 8 de abril de 2013

Mochilas Viaxeiras

E aquí están os novos comentarios e debuxos das mochilas viaxeiras. Que bonitos!!!

 









Pica nas imaxes para velas máis grandes!





martes, 2 de abril de 2013

Día Internacional do libro infantil 2013


2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 

Dende 1987, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Cada ano un país elixe o tema e selecciona un autor ou autora importante do país para que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas e un ilustrador ou ilustradora para que deseñe o cartel.
Este ano a autora do poema é a mexicana Pat Mora e da traducción ao galego encargouse Concha Blanco.


MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco


O ilustrador estadounidense Ashley Bryan foi o encargado de deseñar o cartel:






venres, 22 de marzo de 2013

Mochilas Viaxeiras

E aquí están os debuxos das mochilas viaxeiras de infantil

    3 anos                                    4 anos                                      5 anos







Disfrutade das vacacións!!!

venres, 15 de marzo de 2013

mércores, 13 de marzo de 2013

TRABALLO 4º COÑECEMENTO DO MEDIO

 Os alumnos/as de 4º fixemos un proxecto sobre" Fontes de Enerxía", relacionado coa TECNOLOXÍA.

Que xenial!

martes, 12 de marzo de 2013

Games in English


Se queres practicar inglés, aquí tes uns xogos moi divertidos!
Pica na imaxe e elixe o nivel que desexes practicar. 




Divírtete aprendendo!!
Recorda que necesitas o nome e contrasinal que che deu teacher!





                                 

venres, 8 de marzo de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Aquí están os novos comentarios das mochilas viaxeiras...



   3 anos                                           4 anos                                            5 anos



                                          5º Primaria                                                                  English                                                                                      

     

Se picas nas imaxes, poderás velas máis grandes!!!

8 de marzo. Día da muller

Aquí vos queda un vídeo feito polos alumnos do IES Frei Martín Sarmiento, no que podedes ver un resumo da vida das mulleres galegas que eles consideraron as máis importantes na historia.
Paga a pena velo.


Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.

martes, 5 de marzo de 2013

Theatre HAPPY EVER AFTER

Os nenos de 1º, 2º e 3º fomos ao teatro a ver unha obra en inglés titulada HAPPY EVER AFTER.
Tamén fomos a praia de Samil, mirade que ben o pasamos!!


venres, 1 de marzo de 2013

Mochilas Viaxeiras

Os novos debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras son...


             3 anos                                               5 anos                                         English
 


Espero que vos gusten!!!
Se picas nas imaxes poderás facelas máis grandes.

mércores, 27 de febreiro de 2013

Visita ao MARCO

OS NENOS DE 2º, 3º E  4º  FOMOS  AO MARCO DE VIGO. MIRADE QUE VISITA MÁIS 
INTERESANTE!




venres, 22 de febreiro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

E as mochilas seguen viaxando de casa en casa, e estos son os resultados...

         3 anos                             3 anos                             4 anos
 



            5 anos                       1º Primaria                         2º Primaria




              5º Primaria                      English
 

Podes pinchar nas imaxes para facelas máis grandes!