sábado, 26 de novembro de 2022

25 N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Desde a  biblioteca de Leo León  recomendamos aos nosos lectores/as estes contos relacionados coa conmemoración do 25 N.



venres, 25 de novembro de 2022

Discamino de Santiago

Onte 5º e 6º de Primaria asistiron a unha charla moi especial e emocionante na Avisoureira. Os relatores eran persoas con diversidade funcional que fixeron o camiño de Santiago grazas a DisCamino de Santiago, un proxecto que nace en 2009 co principal obxectivo de facer o camiño de Santiago accesible para todas as persoas, incluídas, por suposto, aquelas que presentan algunha discapacidade. Convidámosvos a visitar a súa web, discamino.org , e emocionarvos coas experiencias de superación e de inclusión que alí se contan. Grazas ás persoas que onte, coas súas palabras, fixeron que o noso alumnado reflexionase sobre a enorme cantidade de cousas que poden facer e que fan as persoas con discapacidade no seu día a día. Foron un gran exemplo para todas as nenas e todos os nenos.

Esta actividade, organizada polo departamento de orientación do centro, é a primeira dunha serie que comeza a semana que vén en conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Seguirémosvos contando!




luns, 21 de novembro de 2022

Pleno Infantil

 Hoxe o colexio participou, como cada ano, no Pleno Infantil do Concellode Ponteareas, presidido pola nosa alcaldesa.

Lucía e Amélia, de 5º e 6º foron as encargadas de representarnos e fixérono realmente ben.

O tema tratado este ano non podería ser máis adecuado. Os nenos e as nenas necesitan que se fale da súa saúde mental e que se dea resposta rápida e eficaz ás súas inquietudes. 

Gracias ao Concello pola invitación. 



domingo, 20 de novembro de 2022

Día da infancia

 O alumnado de 3º fixo este vídeo para conmemorar o día da infancia:




venres, 18 de novembro de 2022

Escola de MAXIA

Se sodes un dos millóns de seguidores ou seguidoras da saga Harry Potter estades de sorte. En sexto de primaria adoptaron o método Hogwarts e agora somos unha escola de maxia. Os nosos alumnos e alumnas recibiron a súa carta de admisión e atravesaron a plataforma 9 3/4 para formar parte dun proxecto máxico. Celebrada a cerimonia do Chapeu Seleccionador, xa todos e todas saben a que casa pertencen e cales son as súas principais características. Ao longo do curso veremos brillar a valentía dos Gryffindor, a intelixencia dos Ravenclaw, a tenacidade dos Huffelpuff e, por que non, tamén a ambición dos Slytherin. A un capítulo por semana, os nosos xoves meigos e meigas, irán superando retos e probas que relacionarán os contidos das materias con outras actividades máis lúdicas. Informaremos puntualmente dos seus avances nisto da maxia e, se vedes nenos e nenas polo ceo voando nas súas vasoiras, non vos preocupedes, non estades alucinando, seguramente sexa un partido de Quidditch!







mércores, 16 de novembro de 2022

Ciberseguridade na escola

 As nenas e nenos de quinto de primaria levan semanas preparando a súa participación na segunda edición do concurso Ciberseguridade no Cole. Viron vídeos, reflexionaron, comentaron as súas ideas… Esta semana puideron ao fin poñer en práctica os coñecementos adquiridos e fixérono realmente ben. O máis importante é que son un pouco máis conscientes dos riscos que entraña o uso de medios dixitais e dispoñen de máis ferramentas para afrontalos. Parabéns!!!






sábado, 12 de novembro de 2022

O mundo dos cogomelos

A maioría de vós xa sabedes que, este venres, Anxo deu no colexio unha charla sobre micoloxía. Como moi ben explicounos Petra, a súa filla, o seu papá ía explicar as normas dos cogomelos: que non debemos pisalos, que non debemos collelos todos… Imposible resumir nun post todo o que nos explicou Anxo no tempo que pasou connosco. Só dicirlle que a todos e todas nos encantou a súa presentación e que estamos profundamente agradecid@s pola súa visita. Volve cando queiras!








mércores, 9 de novembro de 2022

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2022


 As nenas e nenos de 6º, realizaron un magnífico traballo sobre os diferentes tipos de células e as súas partes na materia de Ciencias Naturais. O traballo está exposto na biblioteca e os alumnos de sexto que ademais son os axudantes da biblioteca están dispostos sempre a dar unha pequena explicación sobre as células a quen o precise.


venres, 4 de novembro de 2022

Festa de outono

 Aquí vai o vídeo coas cabazas, contos, maquillaxes, castañas e xogos da nosa festa de outono!




martes, 1 de novembro de 2022

Novidades de novembro.

Novembro chega cheo de novidades, na que non poden faltar as historias emotivas de amor (Filla), de dor (Zimbo) de aceptación (Nariz de Ouro) e poesía (Canta miña rula, canta). Tampouco esquecernos dos contos clásicos (Os sete cabritos, A princesa do Caurel), fantásticos (Sopa de rato), de estereotipos (Non todas as nenas lles gusta o rosa), nin os de misterio (Amanda Black).

Pero este mes queremos centrarnos nas novidades científicas para contribuír ao mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares: Así poderedes coñecer máis sobre o cambio climático, as estrelas, a toupiciencia e os experimentos científicos, que nos promoven a curiosidade e amosan o importante que é facérmonos preguntas para aprender e avanzar.