venres, 1 de abril de 2022

Club de lectura: Momo.

 O Club de Lectura "Os Lectoleóns afoutos" comezan unha nova aventura: Momo, escrito por Michael Ende. Esta novela destaca a importancia da amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices.

Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario