luns, 28 de febreiro de 2022

Xornadas de Xestión Emocional.

 A ANPA San Xulián, a asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, ogranizou unhas xornadas formativas para as familias no Centro Cultural de Guláns. O tema non  podería estar mellor escollido: a xestión emocional.

Estamos encantados e encantadas de pertencer a unha comunidade con tanta iniciativa e tantas ganas de mellorar e aprender.

Estade atentos e atentas, porque xa teñen máis xornadas programadas e todas prometen ser de gran interese. Un gran traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario