venres, 25 de febreiro de 2022

Personaxes do Entroido.

 Tódalas aulas de Primaria, traballaron unha personaxe do Entroido, protagonistas típicos de cada vila, dende os Peliqueiros de Laza, ás Pantallas de Xinzo ou aos Cigarróns de Verín.

Declarada Festa de Interese Turístico. Os Xenerais, con coloridos uniformes e tricornio con plumas de pavo real, cabalgan recitando os famosos altos ou antraques, que son loitas dialécticas na que miden a destreza verbal. Tamén van de porta en porta dando as Vivas, palabras cheas de desexos de vida para cada familia. 

A figura do Peliqueiro leva o rostro cuberto por unha máscara e unha mitra na cabeza, pintada con debuxos de animais. Cólganlle as chocas que fan soar cando corren o Entroido, polas rúas de Laza. A súa vestimenta complétase cunha pelica por detrás da máscara, a modo de coleta, que lle da nome á personaxe.

O entroido de Verín, considerado Festa de Interese Turístico, o protagonista é o Cigarrón, cunha máscara, acompañada dunha follalata pintada con diversos motivos de temática animal. Na cintura levan un cinto de coiro, do que colgan as chocas, características polo seu son.

Non se concibe o Entroido de Xinzo de Limia sen as súas Pantallas. Recorren as rúas da vila acompañadas sempre de dúas vexigas de vaca en cada man, coas que asustan ao público cada vez que golpean. Recoñecido como Festa de Interese Turística, cunha duración dun mes, os asistentes terán que agardar ata o terceiro dimingo, o Corredoiro, para poder disfrutar da presenza das Pantallas. Con camisa e pantalón vermella, levan un cinto con campanas e o seu repicar soa en toda a vila, para anunciar a súa chegada.

A figura protagonista do Entroido en Vilariño de Conso é o Boteiro. A súa presenza inunda de cor e tradición as rúas da localidade e trátase dun dos entroidos máis antigos e arraigados.


Os Volantes portan unha máscara feita con papeis de periódico e un vistoso cinto con 25 campaíñas. Van acompañados polos seus defensores, os maragatos, que levan látego para afastar a quen lles interrompe a marcha.

Eiroás recuperou no 2004, a máscara tradicional do entroido:
A Pita. Por diante é arlequinada en branco e negro, e por detrás leva un debuxo representativo da natureza. Sobre un casco érguese o pescozo coa crista da ave en cor vermella, e plumas de cores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario