luns, 14 de febreiro de 2022

Día do amor e da amizade

 Novas emocións.

O noso proxecto anual de centro, EmocionArte, segue camiñando pasiño a pasiño. En outubro foi o medo, en novembro foi a ira, alegría en decembro e tristeza en xaneiro... Por suposto dedicamos febreiro ao amor, e en 2º de Primaria escribiron cartas ás súas familias explicando o moito que lles queren. Esperan impacientes as respostas das mamás e os papás! Non vos facedes unha idea da ilusión que lles fai!

Abecedario da Paz.
Moi interesante o traballo realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, na súa clase de valores: Un abecedario pola Paz! Unha ou dúas palabras para cada letra, comezando pola A do amor e da Amizade, pasando pola T de Tolerancia ou o R de Risas e de Respecto. Reflexión e vocabulario nunha soa actividade. Moi bo traballo!
St. Valentine´s Day
Como centro Plurilingüe que somos, non puidemos deixar pasar a oportunidade de escribir e falar en inglés conmemorando este día. O alumnado de 1º e 2º de Primaria avanzan na pronuncia nomeando aos distintos membros da súa familia. En 6º de Primaria enviáronse entre eles e elas, fermosas notas de amor e amizade. Love is in the air!

Ningún comentario:

Publicar un comentario