mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

 Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta. O alumnado de 3º e 4º  de Primaria, agasállannos cantando "Negra sombra", poema que representa a soidade, a angustia e a tristeza da súa autora, xa que sufriu moito durante a súa vida. 

Negra sombra, pertence ao segundo libro de poemas en galego de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicado en 1880. Foi musicado por Xoán Montes. Aquí a versión de Carlos Núñez e Luz Casal.

Negra sombra

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m'asombras,
Ô pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
   Cando maxino qu'ês ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
   Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
   En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.

Scape room no día de Rosalía de Castro.
Un scape room é un xogo no que un grupo de persoas permanecen encerradas nunha sala ata que resolvan un enigma ou esgoten o tempo marcado.
En 5º de Primaria, hoxe, fixeron un scape room virtual no que tiñan que pescudar datos da vida e da obra de Rosalía de Castro. Unha vez máis, os nenos e nenas demostran que a nosa cultura e tradición son perfectamente compatibles coa tecnoloxía.










En Educación Infantil, traballan a Rosalía pintando a súa cara, de diferentes cores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario