xoves, 2 de decembro de 2021

Viaxamos polo universo.

 Do mesmo xeito que o ano 2021, o proxecto interdisciplinar de 5º de Primaria chega ao seu fin. Que intensos tanto un coma o outro! Foron científic@s, astronautas, astrónom@s, escritor@s... e todo o necesario para iniciar a infinita viaxe que é coñecer o Universo que nos rodea.

Construíron unha réplica do Apolo XI, prepararon retos e recoñeceron as constelacións; documentando e expoñendo os seus descubrimentos aos demais. Viaxaron co Principiño ao seu pequeno planeta e amaron tamén á súa rosa. Logo crearon o seu propio universo imaxinario e escribiron historias marabillosas. Mesmo experimentaron co que sería perderse nunha nebulosa e atopar o camiño de volta. Non podemos estar máis orgullos@s de vós!



Ningún comentario:

Publicar un comentario