venres, 3 de decembro de 2021

Discapacidade?

 Onte, día 3 de decembro, celebramos no colexio o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A organización Mundial da Saúde define a discapacidade como "aquela restrición ou impedimento da capacidade de realizar unha actividade na forma que se considera normal para o ser humano"... Esta semana o alumnado experimentou algún deses impedimentos: cantaron en linguaxe de signos, palparon cos seus dedos textos en braille, descifraron algúns pictogramas... Todo un exercicio de empatía e de recoñecemento do esforzo extra que gran cantidade de persoas fan cada día por vivir as súas vidas con plenitude.

Propoñemos á OMS cambiar a palabra discapacidade por SUPERCAPACIDADE!

Na biblioteca quedaron expostos os libros para o Día da Discapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario